Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Vinte e cinco anos do PEN galego


Vinte e cinco anos do PEN galego

Tras unha tentativa fallida en 1977, a sección galega do clube internacional foi creada en 1989, nun congreso celebrado en Maastricht//Luís G. Tosar preside na actualidade unha organización que reúne a máis dun cento de escritoras e escritores en lingua galega

En 1935, catorce anos despois da súa fundación, o PEN Clube celebraba un dos seus congresos internacionais en Bos Aires. Figuraban, entre os participantes, Pablo Neruda, Federico García Lorca e Eduardo Blanco Amor. Se cadra foi aquela a primeira vez que un escritor galego matinou na idea de incorporar a lingua de Rosalía a aquel convivio de poetas, ensaístas e novelistas (iso significa o acrónimo PEN), unidos pola súa defensa da liberdade de expresión, ao que os cataláns xa se incorporaran en 1926. Tería que pasar a Guerra Civil, unha ditadura militar e a morte dun tirano para que aquela arela inicial fructificara na proposta que en 1977 alentaron Blanco Amor, Bernardino Graña e outros escritores como Cunqueiro ou Torrente Ballester. "Aquela tentativa non foi adiante", lembra o actual presidente do PEN galego, Luís González Tosar, "porque o PEN Internacional estaba máis preocupado daquela en incorporar países que literaturas".

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario