Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta TAL DÍA COMO HOXE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TAL DÍA COMO HOXE. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de marzo de 2015

23 de ABRIL , mes do LIBRO


Don Quijote de la Mancha é unha novela escrita por Miguel de Cervantes . Ten dúas partes, a primeira foi publicada en 1605 co título de “ El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha ” e a segunda parte apareceu en 1615 baixo o título de “ El ingenioso caballero don Quijote de la Mancha ”. 
       Neste ano 2015 celebramos o IV Centenario da publicación 
                                                           da Segunda Parte                                                     
O Equipo da Biblioteca en colaboración co
Departamento de Lengua Española 
convídavos a participar na conmemoración 
desta data .
 
 As actividades que desenvolveremos son : 
1.-Unha exposición sobre El Quijote visto por representantes da cultura.
2.-Unha   exposición sobre El Quijote desde a óptica do alumnado de 3º de ESO.

       E ademais ofrecémosvos a posibilidade de que poidades acceder ó texto de 
EL QUIJOTE dun xeito diferente. Premede na imaxe e adentrádevos no mundo 
dos cabaleiros da man de Cervantes. 
 http://quijote.bne.es/libro.html
       Outra opción é coñecer a obra desde unha óptica divertida , con cómics, puzzles, 
debuxos para colorear, receitas de cociña ... 
Se premedes na imaxe teredes ó voso dispor actividades moi, moi LÚDICAS !!!                                
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/webquijote/obra_libro1.html
    
         
 
 
 
 
 
 

xoves, 13 de novembro de 2014

CIENCIA EN GALICIA


 

Día do Científico Galego 2014

 

A Real Academia Galega das Ciencias ( RAGC) homenaxea ó científico Luis Iglesias Iglesias

 


  Foi o naturalista que describiu a vida social das formigas

 Catalogou novas especies de insectos e loitou contra as pragas agrícolas


O naturalista Luis Iglesias será o protagonista este ano do Día do Científico Galego. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) aprobou por unanimidade a elección de Iglesias pola súa contribución á entomoloxía e á loita contra as pragas agrícolas causadas tanto por insectos como por fungos, cunha especial atención a Galicia.
Luis Iglesias dálle nome ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago (USC), a colección de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia, que ten previsto reabrir as súas portas na súa nova sede en datas moi próximas, coincidindo con esta celebración. O museo fora creado no século XIX, pero logo dunha etapa de decadencia polo abandono das autoridades universitarias e políticas recuperou o seu esplendor a principios do século XX en gran medida grazas á achega de Iglesias, que contribuíu cunha colección de cerca de 6.000 insectos clasificados e documentados.

A RAGC organiza este ano a sétima edición do Día do Científico Galego, co que a comunidade científica galega quere homenaxear as figuras máis destacadas da súa historia, difundindo a súa contribución para que a opinión pública poida percibir, a través dos exemplos máis destacados do pasado, o prestixio actual da investigación en Galicia e a necesidade de investir recursos nela para que o seu potencial sexa cada vez maior de cara ao futuro.
Logo de lembrar en edicións anteriores as figuras do matemático Enrique Vidal Abascal, do xeólogo Isidro Parga Pondal, do enxeñeiro agrónomo Cruz Gallástegui, do astrónomo Ramón María Aller Ulloa, do químico Antonio Casares e do humanista Padre Feijoo, este ano homenaxéase a figura máis destacada das Ciencias Naturais en Galicia.

Achados na fauna galega

Luis Iglesias Iglesias naceu na parroquia de Teis(Vigo) en 1895 e faleceu na cidade de Pontevedra en 1976. Aínda que comezou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela por tradición familiar, pronto se sentiu fortemente atraído polas Ciencias Naturais, ás que finalmente orientou os seus estudos a pesar da oposición inicial por parte do seu pai. Licenciouse en Madrid en 1917 e de volta en Santiago completou tamén a carreira de Medicina, aínda que só exercería como médico na guerra de Marrocos.
Iglesias descubriu novas especies de insectos e estudou a súa forma de vida
Mediante a súa tese de doutoramento, Iglesias foi o primeiro investigador en catalogar en España a familia de insectos coñecidos como curculiónidos, formada por gurgullos e picudos. A súa enumeración consiste en 135 xéneros con 1.117 especies destes insectos, moitos deles causantes de pragas moi prexudiciais para diferentes tipos de cultivos agrícolas. Este sería un dos detonantes que orientaron máis adiante o labor de investigación aplicada que Iglesias levou a cabo para controlar e erradicar estas e outras pragas.
Logo de doutorarse, o científico galego completou a súa formación en Italia. Durante os anos 30 fixo varias estancias de investigación en institutos de Nápoles, Roma, Florencia e Boloña. Nesta etapa iniciouse nos coñecementos que lle permitirían achegar os seus descubrimentos no campo dos insectos (entomoloxía) ás aplicacións agrícolas.
Ao seu regreso a Galicia, Iglesias exerceu como docente no Instituto de Segunda Ensinanza de Santiago, onde en 1928 se fixo coa Cátedra de Historia Natural, Fisioloxía e Hixiene, Xeoloxía e Bioloxía. En 1932 acadaba a Cátedra de Bioloxía Xeral da Facultade de Ciencias de Santiago, que ocupou ata a súa xubilación en 1965.
O seu labor investigador sobre os insectos foise centrando co paso dos anos na fauna galega, con descubrimentos significativos no campo dos coleópteros, concretamente os das familias Carabidae, Cerambycidae e Chrysomelidae. Son especialmente valiosos os seus estudos sobre o comportamento destes e outros insectos, que documentou en obras como “Escenas de la vida de los insectos” e “La vida social en el hormiguero”.

Loita contra as pragas

O seu traballo sobre as langostas españolas, os seus parásitos e os medios para combatelas, xunto con outro sobre as principais enfermidades das plantas de interese agrícola e a maneira de erradicalas convertérono nun entomólogo experto de referencia na loita contra as pragas dos insectos no campo.
Neste ámbito, Iglesias colaborou coa empresa Zeltia e dirixiu o Laboratorio de Fitopatoloxía e Consultorio de Pragas do Campo do Instituto de Estudos Rexionais, que el mesmo axudara a fundar. Durante cerca de trinta anos, o científico prestou a través deste consultorio un servizo divulgativo e práctico ao agro galego na loita contra as enfermidades provocadas nos cultivos por insectos e fungos.
Iglesias foi membro da Real Academia Galega (RAG), desde onde participou na creación da Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC), da que foi académico fundador. Ademais, foi reitor da USC en 1936, presidente do Seminario de Estudos Galegos (SEG) e tamén o primeiro presidente do Padroado Rosalía de Castro. Tamén lle foi outorgada a Gran Cruz de Alfonso X El Sabio.
O seu labor investigador e divulgador foi recoñecido pola USC en 1965, cando se acordou poñerlle o seu nome ao Museo de Historia Natural da universidade. Iglesias púxose á fronte del e continuou o labor de recuperación e desenvolvemento da colección iniciado polo seu mentor, Antonio García Varela.







venres, 24 de outubro de 2014

TAL DÍA COMO HOXE ...


 

 24 DE OUTUBRO 



DÍA  INTERNACIONAL 
         DA 
   BIBLIOTECA


 
 A Asociación Española de Amigos
 del Libro Infantil y Juvenil , 
apoiada polo Ministerio de Cultura 
propón esta data en recordo da destrución
 da Biblioteca de Sarajevo, 
incendiada o 1992 durante o conflito
 dos Balcáns na noite do 25 ó 26 de agosto.


Para conmemorar esta data , transcribimos as palabras do escritor David Otero dedicadas á BIBLIOTECA, lugar máxico !!!

BIBLIOUTUBRO . 



Velaí un bibliomés deste biblioano.

Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).

Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.

Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.

Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois) e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.

A lectura farase alí onde nos sintamos ben.
Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.

domingo, 12 de outubro de 2014

TAL DÍA COMO HOXE...







24 de outubro 
Día da Biblioteca
 Desde o ano 1997 conmemórase o Día das Bibliotecas.
 
Esta iniciativa trata de trasladar á opinión pública a “ importancia da biblioteca
 como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, 
e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana .”