Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

martes, 28 de novembro de 2017

En negro contra a violencia

      A Federación de ANPAS COMPOSTELA propuxo unhas lecturas que moven conciencias contra a violencia de xénero. Son obras literarias en lingua galega que abordan a violencia de orixe sexista. 

       Algunhas destas obras tédelas a disposición na nosa Biblioteca:
  • Os nenos da varíola de María Solar
  • Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas
  • O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas
  • Palabras envelenadas de Maite Caranza
  • Rapazas de Agustín Fernández Paz
  • O inferno de Marta de Pascual Alapont
  • Un animal chamado néboa de Ledicia Costas

                               Boas recomendacións e boas lecturas !

venres, 3 de novembro de 2017

Unha de medo, por favor !!!

Ambientamos a porta da nosa Biblioteca 

Exposición dos textos do obradoiro de escritura creativa .

    O noso alumnado de Primaria participou nun obradoiro de escritura creativa no que fomentaron a súa creatividade e imaxinación, traballaron a competencia lingüística a través da narrativa -neste caso o conto- , potenciaron o traballo cooperativo e entraron en contacto coa narrativa de terror.

      Así con motivo da celebración do Samaín, cada clase elaborou e decorou contos de terror en gran grupo, pequeno grupo ou individualmente e o formato era libre.

    Dende o luns 23 ata o martes 31 de outubro, na biblioteca houbo un expositor de libros con temática do Samaín para ser consultados, pescudar ideas ou simplemente gozar da súa lectura.

    Todos os contos quedaron expostos o luns 30 de outubro nos corredores da biblioteca e o martes 31 os titores/as baixaron co alumnado a ler os contos dos compañeiros/as.

Exposición de libros de medo para os nosos pequenos ou maiores !!!

Damos outra volta polo Samaín !

             Queredes ver o resultado da decoración e exposición dos libros de MEDO do SAMAÍN 2017
             Aquí vos deixamos unha galería de imaxes ! 



Grazas aos colaboradores e aos usuarios polo traballo e participación !!!