Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta TALLER LITERARIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TALLER LITERARIO. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de decembro de 2017

POETAS EN NADAL !

            O alumnado de Primaria neste Nadal 2017 botaron a andar a súa imaxinación nun obradoiro de escrita creativa co nome de:“Para o Nadal celebrar...desta tócanos rimar”. 
        Os rapaces (individualmente ou en grupos) escribiron rimas ou pequenos poemas en tarxetas verdes que versaban sobre o Nadal, ben inventadas ou copiadas. E con todas elas, colocadas en horizontal, confeccionaron árbores de Nadal para colocar nos corredores exteriores da Biblioteca. 
    Aquí tedes unha pequena mostra do resultado. 
 


   Unhas árbores máxicas e diferentes !!!

venres, 3 de novembro de 2017

Unha de medo, por favor !!!

Ambientamos a porta da nosa Biblioteca 

Exposición dos textos do obradoiro de escritura creativa .

    O noso alumnado de Primaria participou nun obradoiro de escritura creativa no que fomentaron a súa creatividade e imaxinación, traballaron a competencia lingüística a través da narrativa -neste caso o conto- , potenciaron o traballo cooperativo e entraron en contacto coa narrativa de terror.

      Así con motivo da celebración do Samaín, cada clase elaborou e decorou contos de terror en gran grupo, pequeno grupo ou individualmente e o formato era libre.

    Dende o luns 23 ata o martes 31 de outubro, na biblioteca houbo un expositor de libros con temática do Samaín para ser consultados, pescudar ideas ou simplemente gozar da súa lectura.

    Todos os contos quedaron expostos o luns 30 de outubro nos corredores da biblioteca e o martes 31 os titores/as baixaron co alumnado a ler os contos dos compañeiros/as.

Exposición de libros de medo para os nosos pequenos ou maiores !!!

luns, 13 de xuño de 2016

PINTAMOS, CREAMOS CONTOS E XOGAMOS

          CREAMOS HISTORIAS E PINTAMOS PEDRAS

      Este curso, un proxecto de biblioteca foi “ Contos pintados en pedra”. Consistía en inventar un conto, escribilo e, despois, facer os debuxos en relación co mesmo,(personaxes, paisaxes, etc) en pedras ou calquera material substituto. Estaba aberto a todos os nenos de EI e EP. 

Eis unha mostra dos traballos realizados. Os noso pequenos son uns artistas!


                                                                As formiguiñas traballadoras
Un día unas formigas andaban a traballar. Un morcego sempre as distraía falando, pero elas seguían a traballar. Un día a formiga maior dixo:
-hoxe é día de Praia pero non iremos.
Pero…as formigas x aforan a correr á Praia. A maior dixo:
-non sei, non sei que pasará! Bueno, eu non vou porque senón…pasará algo.
Máis tarde chegaron súas irmáns con Lola, a formiga traballadora nas mans, “irmáns, Lola afogou, sentímolo. Non vaiades nunca á Praia. Por iso eu non vou. ”
Lola con repouso curará e despertará. Ó día seguinte, Lola curou pero as demais estaban durmindo. Lola foi de viaxe, camiñou e camiñou…despois atopou a una formiga e preguntoulle:
-como te chamas?
-Lorenzo. E ti?
-Lola
Leváronse ben e un día casaron e tiveron un fillo.


                                                                       El bosque secreto
A una niña llamada Lucía le llevaron a un bosque del que todos hablaban. No decían nada agradable. Se decía que había grandes fieras, monstruos, tenebrosos animales…pero como Lucía era muy aventurera, no le importó.
Al llegar, se alojó en una pequeña cabaña con una amplia habitación. Ni siquiera acomodó sus cosas en la cabaña, cogió una pequeña mochila donde metió agua, una chaqueta y comida y salió corriendo a explorar el bosque.
No veía nada, ni malo ni bueno, pero en cuanto se dio la vuelta, vió que un pequeño brillo brotaba de entre los árboles y ¡como no! se metió entre ellos y se llevó una sorpresa: era un lugar lleno de pequeños y adorables animales, los cuales la recibieron bien. Lucía pasó todo lo que quedaba del día allí, y se prometió no decírselo a nadie así, podría estar sola con los animales.




 



E tedes máis mostras do seu magnífico traballo!!! Os nosos contos on PhotoPeach

XOGANDO A SER POETAS!!!


 POEMA-BANDO

A partir do poema de Manuel María, Bando, tomamos a licencia de facer algo semellante no colexio. Cada aula tiña un modelo do orixinal e, a partir del, tratábase de crear o propio bando en cada grupo de alumnos dende Infantil A ata 6º de EP para logo expoñelo nun atril á entrada do cole e que todos tiveran a oportunidade de lelos e recrearse na creatividade e imaxinación dos compañeiros.

Aquí vos deixamos unhas mostras dos poemas dos nosos pequenos.







BANDO 1º
Prohíbese por orde da clase de 1º,
que saian as flores na primavera.
Dende agora os paxaros deixarán de voar
e soamente poderán ir en bicicleta.
Prohíbese comer torta nos aniversarios.
Pagarán máis impostos as perosas
que no seu nome leven vogáis.
Prohíbese poñer sinais nas calzadas.
Pódese rir soamente nos exames.
Está fora de Lei cantar na ducha.
Dase este bando en tal e cual
pra que se cumpra
de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.

 
BANDO de 2º A


Prohíbese por orde dos nenos e nenas de 2ºA
levar deberes para a casa e
ter o pupitre recollido e ordenado.
Piden que utilice e aprenda as táboas o carpinteiro,
que aprobemos o curso sen facer exames.
Prohibido comprar, reutilizaremos todo.
Por suposto, queda prohibido o diñeiro
pagaremos todo coas palabras “por favor” e “grazas”.
Prohibido portarse ben,
para que está o semáforo vermello?
Dase este bando en maio de 2016
para que se cumpra
de orde de 2º.
Firmado e rubricado.
Os alumnos e alumnas de 2º de E.P.
 
 BANDO DE 2º B
Prohíbese, por orde dos nenos de 2º B
Non pegar para non lastimar.
Dende agora, para a aprender e mellorar
Tampouco replicar para non cansar.
Con amor e sen torpeza
Imos coidar a natureza.
Para disfrutar, o mundo queremos coidar.
Obrigamos a soñar para non pásalo mal.
Repartimos bicos e abrazos todo o ano
e nin cansamos nin fai daño.

            BANDO DE 3º DE Primaria          

Prohíbese por orde dos nenos e nenas de 4º de Primaria:

Que os alumnos e alumnas vaian ao colexio a partir dos 10 anos.
Piden que non se fagan exercicios,
nin se traian mochilas nas costas.
Prohibido asistir ás clases dentro das aulas,
para que temos patio de recreo?
As aulas servirán a partir de hoxe
para pintar ou durmir.
Por suposto, queda prohibido ler e estudar.
Tamén escribir, debuxar ou calquera actividade
que precise goma e lapis.
Acabouse non ir de excursión
todas as semanas,
ou facer educación física poucas horas
á semana.
Os luns queda terminantemente prohibido vir .
Prohibido vir en autobús,
teremos que camiñar.
Dende hoxe os paxaros
non poderán usar as súas ás para voar
terán que ir en avión ou helicóptero.
Prohibido
Non se poderán vivir coa familia
nin os peixes nadar no río sen licencia.
Prohibidísimo que os pais nos manden
comer verdura e froita, pero sobre todo,
que as nubes non saian no verán.
Prohibido usar pantalón longo,
gomas do pelo e moito menos
cazadora!
Está fóra da lei facer calquera deporte
e usar a imaxinación,
rir das cousas graciosas
e facer amigos.
Prohibido as estrelas no ceo
e bailar.
Prohibido durmir, ese tempo é
para xogar.
Prohíbese ter mozo ou moza.
Os reloxos non poderán marcar a hora,
así que terán que marchar a outro planeta.
Prohibido falar en galego, en castelán e inglés,
vamos, que non fales!
Non se permite plantar máis árbores,
nin ningunha flor por bonita que sexa.
Só poderán traballar os nenos e nenas de 0 a 3 anos,
así que haberá que mirar que se fai.
O sol é un pesado que non nos deixa durmir,
prohibímoslle que saia e
pensarémonos se o temos que eliminar.
Nin de broma se poderán ter animais en casa
nin chamarse Xosé ou Uxía .

Dáse este bando en maio de 2016
para que se cumpra
de orde de 4º.
Firmado e rubricado.

Os alumnos e alumnas de 4º de EP






venres, 13 de maio de 2016

MANUEL MARÍA

           O alumnado de 3º e 4º de ESO celebran un Día das Letras 2016 diferente e moi poético !

           O noso homenaxeado, Manuel María, escribiu Bando , poema que forma parte de Documentos personaes , que comeza así :

                                      Publícase por orde da alcaldía
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Desde agora as pombas teñen
que pedir licenza para voar.

Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
 
      A primeira proposta era adaptar o texto escrito polo noso poeta cambiando os versos da primeira prohibición por permisos!!!
      A segunda proposta era crear outro poema coas prohibicións ao xeito de Manuel María .

              Velaquí tedes o primeiro dos traballos!!!


          PERMÍTENSE POR ORDE DO ALUMNADO DE 4º de ESO ...

que a xente se poida expresar libremente sen ser cuestionado por ninguén
que os profesores non manden tantos deberes en época de exames
que os cans teñan dereito a entrar en lugares públicos
que haxa máis vacacións
que as guerras se convirtan en festas
que toda persoa sexa feliz
que os pais deixen saír as fins de semana
que todos sexamos diferentes ao convivir
que se acabe a fame no mundo
que nunca máis exista a pobreza
que acaben as guerras
que as persoas non sexan discriminadas
que os rapaces e rapazas menores de idade teñan voz e voto en temas políticos
que todo o mundo teña auga
que todas as persoas teñan dereito á educación
que as persoas deixen voar a súa imaxinación e desexen cousas que realmente queren
que nos poñan cadeiras máis cómodas
que non estea prohibido non facer exames
que se valore polos actos e non pola aparencia
que se actúe por altruísmo e non por interese
que se poida saír da clase nas horas de garda
que non se critique a xente
que o horario sexa só de mañá
que non existan as fronteiras
que cando falte a profesora de educación física, se poida facer a clase igual
que en clase de matemáticas calen todos
que a xente chore cando o precise
que exista a igualdade entre xéneros
que haxa unha clase cada día para facer os deberes
que cada dúas clases haxa un tempo de descanso
 que a confianza sexa dada e coidado por todos
que os soldados solten as súas obras e abracen os contrarios
que cada un sexa como queira por dentro e por fóra
que todos teñamos acceso á educación
que ninguén de nós quede sen teito
que se poña fin ao maltrato animal
que disfrutemos da vida con alegría
que chova cando hai que estudar para os exames
que os recreos duren máis tempo
que os libros pesen menos
que os días duren 48 horas para poder durmir 24
que os alumnos leven libros e apuntamentos ao exame
que haxa un día máis na fin de semana
que se nos teña máis en conta



    
              Os nosos alumnos de 3º de ESO crearon un Poema-Bando coas súas prohibicións  dun xeito moi particular. Na Biblioteca tiña todo disposto para botar a andar a súa imaxinación e ser Manuel María por un día!
               Prohíbese por orde do alumnado de 3º do Forte...
roubarlle as esmolas ós curas
romper material escolar coa mente
pensar cousas inapropiadas
levantarse cedo a fin de semana e festivos
chorar nos enterros
facer exames e deberes
estar aburrido nas horas de lecer
que a auga afogue as plantas
que as nubes choren tanto
que o vento ante con tanta présa
que no Forte non haxa diversión
durmir a sesta pola semana
tomar o sol os días de calor
andar a correr porque así vivirás máis
alongar as clases e acurtar os recreos
chorar os sete días da semana
que faga menos de 20º
chover en inverno
peitearse os luns
poñer exames nos aniversarios dos alumnos
estudar polas tardes
que a xente vaia ao super antes de que remate as súas reservas
contar chistes malos
durmir en clase , menos a Caneda que descansa a vista
facer presentacións orais
empezar o paquete de galletas ata que caduquen
facer frío e moita calor
estar triste
non dedicar unha hora ao día a rir
faltar ás festas
Os nosos alumnos concentrados.



Anunciamos o noso Bando!







 Exposición coas prohibicións dos nosos alumnos!


xoves, 21 de abril de 2016

HOMENAXE A MANUEL MARÍA

      O Equipo da Biblioteca iniciou o ano cunha actividade enigmática : a colocación de pezas dun crebacabezas polos corredores que se correspondían coa súa sinatura - tan característica - a súa imaxe e do seu nome coa finalidade de que os rapaces se preguntaran que podía ser aquilo que cada semana se ía distribuíndo polas paredes .

  Velaquí unha pequena mostra.





        

Na primeira semana de abril situamos unha imaxe do persoeiro enigmático.


Na zona de 1º e 2º de ESO , o noso persoeiro é ben noviño.
Na zona de 3º e 4º de ESO o noso persoeiro xa é un adolescente.


Homenaxe a MANUEL MARÍA on PhotoPeach

luns, 24 de novembro de 2014

MICRORRELATOS MATEMÁTICOS

                              Os nosos alumnos están botando a voar a súa imaxinación creando microrrelatos onde as MATEMÁTICAS son as protagonistas !!!
     






                                       

    

        
               3,2,1 ... Comezamos !!!


                                           O EGOÍSMO

       Había unha vez un número,o 24,que quería ocupar o primeiro lugar de todos os números ; ser o xefe ,saír coa súa. 
          Sempre choraba e se enfadaba e iso influía en que os demais números non querían ser os seus amigos. 
         Un día, o número 1 díxolle ó número 24 se quería ocupar o primeiro posto, e evidentemente, díxolle que si. 
        O número 24 non sabía que había que facer, non tiña amigos nin a ninguén que lle aconsellase ou lle axudara. 
     Ao final o 24 tomou unha decisión , ser bo ! A partir desde momento os demais números fixéronse amigos seus.

 “ Non por ser o primeiro ou favorito se é o máis importante. Ás veces o egoísmo leva a non ter amigos e quedar só. Todos valgan máis ou menos son igual de importantes “ .


                            Autora : Lucía Mareque Rey ( 1º ESO A )

MICRORRELATOS MATEMÁTICOS

                         RELATO BREVE SOBRE AS MATEMÁTICAS
 
  Nunha famosa cidade matemática, de onde saían todos os libros de Matemáticas , había moitos científicos que estudaban a todas as horas do día as Matemáticas. De tanto facer cálculos e contas, os científicos volvéronse números e todas as persoas que os vían pensaban que era maxia , que era unha cousa inexplicable e fantasiosa. Moitos nenos, ao saberen isto, non quixeron estudar máis as Matemáticas. E pouco despois transformáronse en letras. 
     Isto ocorreu hai moito tempo ( máis ou menos hai 5 décadas ), entón non hai de que asustarse ! Hoxe en día , os rapaces da escola seguen a súa vida rutinaria e teñen diferentes matemáticas : Matemáticas, Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés, Plástica, Educación Física, etc. E isto de que teñan unha gran variedade de materias é bo porque así teñen moitos coñecementos e porque para o día de mañá isto vailles axudar. 
                      Autora : Yolanda Mareque Constenla ( 1º ESO B )

sábado, 15 de novembro de 2014

SAMAÍN


 


   SAMAÍN 
 
TALLER LITERARIO  




 
 
                   Os nosos alumnos foron escritores 
                   por un día durante a celebración 
                   do Samaín 2014 
                   continuando o poema do escritor
                   X.P. Docampo que comezaba así :
                   Eu téñolle medo a... 
 
 
       A que lle terán medo ? 
 
 

 Eu téñolle medo a ...

ás inxustizas
ás arañas
á pobreza
a estar só
a perder a esperanza
a perder a humanidade
a perder a xustiza
a perder a cautela
á escuridade
a que ninguén me queira
a ser inútil
ás serpes
ós ladróns
ás pantasmas
a cans como os pastores alemáns
a ir en avión
a suspender un curso ou exames
ós extraterrestres ós tronos
a estar soa na vida
a non encontrar traballo
a morrer pronto
a non divertirme
a non ter familia e amigos
ós borrachos conducindo
a que arda a miña casa
a que un raio mate a alguén que eu queira
a ser pobre e non ter casa
á indiferenza
a que me eviten
a que me coma un oso
a que meu irmán morra nun accidente
a algunhas películas de terror
á tristeza
a que as persoas que quero deixen de quererme
á enfermidade
ás pelexas
a envellecer
a non cumprir os meus soños
a que morra a miña besta
ó desamor
a morrer xoven
a facer mal
ós lobos
a quedar soa pola noite
a que se lle conto algo
a alguén non me crea
a que as miñas amigas me abandonen
a abrir os ollos e non ver o amencer
á xente mala
ó karma
a que o meu can morra
a non ter recursos e depender dos demais
ó mar a quedar sen ninguén
a que me berren
ás vacas, touros e algúns cabalos
a cans grandes
a ficar insensible ás inxustizas
a algunhas alturas
á contaminación
ós espazos pequenos
ós medos
á amizade
ós políticos
á guerra
a min mesma
a que chegue un punto no que todo estea controlado pola tecnoloxía
ás bandas
ós accidentes
a quedar inválida
ás malas amizades
ó amor
ós problemas
a que ninguén queira ser o meu amigo
a morrer só
ós exames con malas notas ...


              Autores : alumnado do CPI “ Antonio Orza Couto “