Onte día 3 de decembro conmemoramos o Día internacional das persoas con discapacidade. Contamos coa visita de membros da Asociación Down Compostela e coa deportista de handbike Mila López, que compartiron con nós as súas experiencias. Desde a biblioteca colaboramos para que se tratase o tema na materia de Valores Éticos e deixámosvos esta infografía con recursos e explicacións sobre o tema:
día internacional das persoas con discapacidade de Biblioteca CPIP Antonio Orza Couto
A Biblioteca Virtual Galega ofrece unha selección de obras en galego de todo tipo; iso si, algunhas están completas e noutros casos podedes acceder a unha selección da obra en cuestión.
De momento nada máis, pero iremos aumentando os recursos segundo vaiamos descubrindo.
Disfrutádeos!
