Para celebrar este día tan importante, tivemos un acto promovido pola biblioteca e organizado polo alumnado de Oratoria que contou co apoio de todos os departamentos do centro.
Comezamos escoitando o discurso elaborado polas alumnas Meseret Tomé, Uxía Otero e Antía Rendo de 3º da ESO.
Todos e todas participaron na confección do noso “Mural Pola Paz” onde están expostas as frases que o alumnado de secundaria estivo recopilando e creando. O mural foi decorado polo alumnado de 4º da ESO que preparou graffitis de siluetas de persoas, representando o desexo de Paz da nosa comunidade escolar, dentro e fóra das escolas e, principalmente, nas sociedades de todo o mundo.
Para rematar, os alumnos e alumnas presentes foron convidados a lanzar un avión de papel, confeccionado por cada un e cada unha, á “Diana da Paz”, realizada polas alumnas de Valores Éticos de 2º da ESO.
En Educación Primaria destacamos o valor da paz fronte as guerras e as pelexas. Por iso, o alumnado colaborou creando un mural representativo dos valores que perseguimos neste 30 de xaneiro; todo acompañado dunha bibliografía especial que acúdase aos nenos e nenas a comprender a problemática de guerra e o valor da non violencia e paz.
E así, escribimos a paz no noso Centro.