Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

venres, 31 de outubro de 2014

VENRES MATEMÁTICOS !!!


SUDOKU (sū = número, doku = só).

                         O sudoku é un crebacabezas
    matemático que se popularizou 
    en Xapón en 1986. 

 En 1984 o periódico xaponés Monthly Nikolist 
publicou unha sección de pasatempos chamada
 Sūji wa dokushin ni kagiru (数字は独身に限る)
 "os números deben estar sós" 
(literalmente dokushin (独身) = "célibe, solteiro") ).
 Foi Kaji Maki, presidente de Nikoli, 
quen lle puxo o nome. 
 
        O nome abreviouse a Sūdoku (sū = número, doku = só).

En que consiste este pasatempo matemático ?

       Consiste en encher unha cuadrícula de 9x9 celas
        divididas en subcuadrículas de 3x3 coas cifras 
        do 1 ó 9 a partir dalgúns números xa dispostos 
        nalgunhas celas.Non se pode repetir ningunha cifra 
        na mesma fila, columna ou subcuadrícula.  
 
 
       Cada venres atoparedes sudokus 
          ( distribuídos por nivel de dificultade )
  no espazo lúdico da Biblioteca.


 
 O Equipo de Dinamización da Biblioteca invítavos 
        a participar nos venres matemáticos !!! 


mércores, 29 de outubro de 2014

TALLER LITERARIO SAMAÍN







         Aquí vos deixamos o poema de MEDO escrito por Alia onde describe o seu medo ó DESAMOR.

Teño medo a quedar sen amor.
A sentir dor.
A mirarte e non ver nada.
A chorar por desamor.
 A sentirme sen palabras. A amarte sen medida. A verte sen alegría. A perderte para sempre. A mirar ao ceo e non ver a nosa estrela. A cantarche con dor. A mirarte con rencor. Teño medo das túas palabras. A vivir sen a túa voz. A sentir algo por outra persoa. A vivir sen saber de ti. A rir sen terte. A ti porque se non te teño morro.
A non che poder falar. A perderte por parvadas. A que me mires e non sintas nada. A escoitar unha canción e recordarte. A obsesionarme contigo. A ser feliz sen ti. A amarte sen fin. A verte con outra que non sexa eu. A que sintas algo por ela. A odiarte con pasión. A que ti desafíes a miña ilusión.
    Alia Otero  de 1º de ESO B


domingo, 26 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014 ( TALLER LÚDICO )



 O alumnado no taller lúdico pode resolver esta sopa ... está de MEDO !!!

Localiza nesta sopa de letras todas estas palabras relacionadas co MEDO: vampiro , noite, medo, caveira, esqueleto, morte, tormenta, serpes, lúa chea, lobishome, casa encantada, fantasma, bruxa, tronos, ruído, escuridade, morcego, home do saco, arañas, alturas, soidade, morte, lume, zombis, momias, monstros, sangue.
f
a
s
d
f
s
i
b
m
o
z
f
o
c
d
s
v
a
m
p
i
r
o
r
t
g
b
r
g
a
e
a
s
d
n
x
c
v
o
d
í
u
r
g
e
s
a
a
r
t
e
t
o
r
m
e
n
t
a
h
c
a
r
e
s
r
s
s
a
n
g
u
e
m
n
l
r
e
a
h
a
o
q
r
t
s
h
i
f
e
t
i
o
n
ñ
c
e
n
u
s
r
l
m
m
n
v
b
ñ
m
c
a
a
d
o
e
a
s
s
c
a
v
e
i
r
a
a
s
ú
a
s
l
r
e
m
o
m
i
a
s
i
e
n
h
l
d
z
e
u
r
t
s
f
g
n
b
e
r
t
s
t
i
t
t
t
p
b
r
u
x
a
n
t
t
a
e
u
r
e
o
l
e
t
r
o
f
m
l
r
i
d
r
a
u
s
c
a
s
v
h
o
m
e
d
o
s
a
c
o
c
m
o
n
s
t
r
o
s
d
m
m
p
f
o
s
s
z
e
m
o
h
s
i
b
o
l
a
o
g
p
x
e
x
l
u
m
e
x
s
e
d
a
d
i
o
s
z


sábado, 25 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014 ( TALLER LITERARIO)


         O escritor  Xabier P. Docampo  ofrécenos un poema final na súa obra Cando petan na porta pola noite onde nos revela os seus MEDOS. Aquí volo presentamos .


EU TEÑO MEDO...
Cando petan na porta pola noite.
A estar só cando non quero estar só.
A estar no medio de moita xente
A quedar só no mundo
A non morrer nunca
A morrer pronto
A morrer estupidamente nunha estrada
A quedar inútil
A tolear
A que lles pase algo aos meus
A que os que quero non me queiran
A perder o gusto polas cousas que me gustan
A ter que vivir sempre nunha cidade
A que non haxa flores
A que non haxa animais en liberdade
A non poder mirar as estrelas pola noite
A non poder mirar a paisaxe no outono
Ao mar (desde o mar)
A mirar un día para o ceo e non ver un paxaro
A que non haxa troitas nos ríos
A ter que ir á guerra
Á guerra, aínda que non teña que ir
Ás almas miserables
Aos que sempre din a verdade
Aos que menten sempre
A pasar fame
Aos contos de medo
Ás películas de medo
A ir ao dentista
A montar en avión
A non ter medo a nada
A ter moito medo
Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta
A...

A BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO

http://www.matematicasdivertidas.com/index.html

                  Se premes no cartel do LEMA deste ano das Bibliotecas de Galicia poderás comprobar que as MATEMÁTICAS son divertidas !!!
 

A BIBLIOTECA ESCOLAR ... MATEMÁTICO !!!



A BIBLIOTECA ESCOLAR... Matemático !!!

A nosa Biblioteca achegará á Comunidade Educativa xogos, pasatempos , enigmas, noticias , curiosidades , creacións literarias , libros ... sobre o mundo das  MATEMÁTICAS   a través de :






-   A PRENSA E AS MATEMÁTICAS
-   RECOMENDACIÓNS LECTORAS 
-   OS VENRES MATEMÁTICOS 
-   EXPOSICIÓN DE LIBROS DE TEMÁTICA MATEMÁTICA
-   CINE E MATEMÁTICAS
- TALLER LITERARIO  de microrrelatos, contos, poemas,  cómic... matemáticos !!!

LIBROS DE LECTURA OBRIGATORIA 1º trimestre 14-15

Lingua Castelá

1º de ESO     El príncipe de la niebla de Carlos Ruiz Zafón

2º de ESO     Libro de misterio da serie de Enid Blyton 

3º de ESO     El Conde Lucanor ( texto adaptado ) 

4º de ESO      El camino de Miguel Delibes

Lingua Galega

1º de ESO     Selección de relatos e contos de autores varios.

2º de ESO     Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz 

3º de ESO     Crime en Compostela de Carlos G. Reigosa
                                 ou Ollos de auga de Domingo Villar

4º de ESO     Corrupción e morte de Brigitte Bardot de Xosé Fernández Ferreiro     ou Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza

Lingua Inglesa

1º de ESO
2º de ESO     Nurse Matilda


3º de ESO     All about the USA


4º de ESO    My family and other animals

venres, 24 de outubro de 2014

TAL DÍA COMO HOXE ...


 

 24 DE OUTUBRO 



DÍA  INTERNACIONAL 
         DA 
   BIBLIOTECA


 
 A Asociación Española de Amigos
 del Libro Infantil y Juvenil , 
apoiada polo Ministerio de Cultura 
propón esta data en recordo da destrución
 da Biblioteca de Sarajevo, 
incendiada o 1992 durante o conflito
 dos Balcáns na noite do 25 ó 26 de agosto.


Para conmemorar esta data , transcribimos as palabras do escritor David Otero dedicadas á BIBLIOTECA, lugar máxico !!!

BIBLIOUTUBRO



Velaí un bibliomés deste biblioano.

Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).

Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.

Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.

Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois) e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.

A lectura farase alí onde nos sintamos ben.
Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.

SAMAÍN


                               O SAMAÍN 

  Imos celebrar o Samaín 2014 con diferentes actividades :



 1.-Un taller literario
      Eu téñolle medo a ... 




2.- Un taller lúdico : 
     Sopa de letras terrorífica 

3.- Decoración da Biblioteca  


4.- Recomendacións lectoras de MEDO

domingo, 12 de outubro de 2014

TAL DÍA COMO HOXE...







24 de outubro 
Día da Biblioteca
 Desde o ano 1997 conmemórase o Día das Bibliotecas.
 
Esta iniciativa trata de trasladar á opinión pública a “ importancia da biblioteca
 como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, 
e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana .”

LEMA 2014-15

  
     Este curso o lema das Biblioteca Escolares de Galicia é  :

Biblioteca Escolar ... Matemático !!!

             


Participade nas propostas do Equipo da Biblioteca !!!

A primeira vai de números , como non  !!!




   A partir do día 7 de novembro celebraremos  os VENRES MATEMÁTICOS !!!


    Neste primeiro trimestre imos entrar no mundo dos números do 1 ó 9 cun 


             Pasade pola Biblioteca , teredes sudokus á vosa disposición !!!