SUDOKU
(sū
= número, doku = só).
O sudoku é un crebacabezas
matemático que se popularizou
en Xapón en 1986. En 1984 o periódico xaponés Monthly Nikolist
publicou unha sección de pasatempos chamada
Sūji wa dokushin ni kagiru (数字は独身に限る)
"os números deben estar sós"
(literalmente dokushin (独身) = "célibe, solteiro") ).
Foi Kaji Maki, presidente de Nikoli,
quen lle puxo o nome.
O nome abreviouse a Sūdoku (sū = número, doku = só). En que consiste este pasatempo matemático ? Consiste en encher unha cuadrícula de 9x9 celas
divididas en subcuadrículas de 3x3 coas cifras
do 1 ó 9 a partir dalgúns números xa dispostos
nalgunhas celas.Non se pode repetir ningunha cifra
na mesma fila, columna ou subcuadrícula.
Cada venres atoparedes sudokus
( distribuídos por nivel de dificultade ) no espazo lúdico da Biblioteca. O Equipo de Dinamización da Biblioteca invítavos
a participar nos venres matemáticos !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario