Dende a biblioteca queremos desexarvos unhas felices e merecidas vacacións. Aproveitamos a ocasión para deixarvos a nosa selección de lecturas recomendadas para este tempo de lecer.
Pica na imaxe para descubrilas.
Dende a biblioteca queremos desexarvos unhas felices e merecidas vacacións. Aproveitamos a ocasión para deixarvos a nosa selección de lecturas recomendadas para este tempo de lecer.
Pica na imaxe para descubrilas.
Na biblioteca do CPI Antonio Orza Couto despedimos o outono facendo un traballo artístico inspirado na natureza.
Os alumnos e alumnas traballaron a linguaxe visual e a linguaxe poética creando fermosos trípticos nos que interpretaron as formas naturais e completaron as súas composicións con fragmentos poéticos que escolleron nos fondos da nosa biblioteca.
Inspirándose no lema das bibliotecas "Escribir a biblioteca" propuxemos ao alumnado a creación de frases e lemas para celebrar este día.
O resultado, as frases e lemas creados, vimos escrito nas pancartas e postais que o alumnado de plástica encargouse de decorar para levar na andaina.
No acto da celebración, ademais de repartir os postais contra a violencia cara as mulleres, puidemos escoitar tres alumnas do grupo de oratoria que aproveitaron para crear e ler un discurso alusivo ao tema.
O último venres, día 18 de novembro, vimos como os alumnos e alumnas do Centro lucían os seus pixamas, participando na iniciativa promovida pola ACOUGO para celebrar Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia.
Para esta celebración, a Biblioteca organizou unha exposición co material elaborado no desenvolvemento da proposta multidisciplinar “Escribir o pixama” a cal contou coa implicación dos departamentos de Plástica, Lingua e Literatura Galega, Castelá, Inglés e Francés. Podedes ver os detalles do proxecto picando en "Proxecto "Escribir o Pixama".
O resultado do proxecto pode ser visto na exposición do Día do Pixama, en primaria e secundaria. Son paneis onde están representados nenas e nenos cos seus pixamas decorados, flotando por encima dos contos infantís escritos polo alumando nos distintos idiomas impartidos no centro.
,
O día 3 de novembro celebramos no CPI o Día do escritor Neira Vilas, que dá nome á nosa Biblioteca, e queremos celebrar tan importante data divulgando o talento galego.
O Departamento de Galego brindounos con un magnífico traballo realizado polo alumnado do 1º e 2º da ESO para celebrar o Día das Escritoras e o Día das Bibliotecas. Trátase de unha selección de portadas de libros das escritoras galegas coas sinopses. O libro-catálogo está en exposición na entrada da nosa biblioteca, onde pode ser manipulado. Agora será máis fácil escoller un exemplar!
Os alumnos e alumnas do 1º da ESO fixeron unha visita á biblioteca onde recibiron os seus carnés e unha charla dada polas profesoras Lidia e Bea sobre como encontrar os libros e información sobre o material que temos dispoñible.
Imos con un pouco de atraso, pero aquí estamos!!!!!
Comezamos premiando o alumnado voluntario da Biblioteca do curso 2021-2022.
O alumnado de Oratoria estivo presente e divulgou o acto na web do Centro:
“O pasado luns, 26 de setembro organizouse un acto para premiar o magnífico traballo do grupo de voluntarios e voluntarias da Biblioteca do noso prezado colexio.
Nun ambiente acolledor e festivo, o director do CPI Antonio Orza Couto, Ángel Manuel Maciñeiras, e a coordinadora do equipo da biblioteca Renata Balsamo, entregaron ao alumnado un diploma e un agasallo como xesto de agradecemento ao seu labor desinteresado no último curso.
As palabras do noso director, ademais de felicitar os homenaxeados e homenaxeadas, recoñecían a súa valiosa colaboración, alentando aos demais alumnos e alumnas a unirse ao equipo de voluntarios.
O grupo de Oratoria do 3º A e B súmase a esta felicitación deixando aquí o seu testemuño escrito e fotográfico.
Xa está a piques de rematar o curso e desde a biblioteca queremos aproveitar para recomendarvos algunhas lecturas que seguro vos refrescarán no verán 😉
Disfrutade das vacacións!
Por fin puidemos realizar as lecturas compartidas que levamos tempo agardando! O alumnado de 6ºA e B cóntanlle contos aos nenos de Infantil de 4 e 5 anos. Pasaron un rato ben divertido!
Logo de semanas de traballo buscando información, gravando e preparando, presentámosvos o resultado do proxecto realizado por alumnado de 3º da ESO sobre a figura de Francisco Tettamancy Gastón e a relación que atopamos entre este autor e Boqueixón.
O proxecto estivo coordinado pola profesora de Lingua Galega, Marifé Pérez García e polo Equipo da biblioteca.
Queremos agradecerlle á veciñanza de Lestedo e a Rocío Liñares que nos cederan desinteresadamente eses fantásticos traxes de xenerais.
Velaquí tedes o resultado!
Aquí tedes as gañadoras do Concurso de Microrrelatos ¡Sea breve, por favor!:
Uxía Verde Gómez por "Amor"
Nerea Mareque Vázquez por "El pozo"
Aldara Prado Giadás por "Una visita inesperada"
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca este venres, día 6 de maio, durante o primeiro recreo. Non dubidedes en pasar por alí.
Noraboa ás premiadas e a todxs xs participantes!
Desde a biblioteca queremos compartir con tod@s vós as nosas recomendacións lectoras para que desfrutedes nesta Semana do Libro. Ademais, podedes consultar outras propostas interesantes que nos están a chegar a través da nosa conta de Instagram @biblioforte.
Boa lectura!
Se o teu non é o vídeo e prefires a fotografía, envíanos a foto dun libro que mereza ser recomendado e explícanos os motivos da túa elección. Pode ser a través do correo ou do Instagram co hashtag #amiñalecturarecomendada e etiquetándonos (@biblioforte).
Animádevos, tedes ata o 20 de abril!
Recibimos a maleta viaxeira de banda deseñada. Voluntarias da biblioteca estiveron colocando todos os exemplares para que os poidades mirar con calma e desfrutar.
Lembrade que só estará con nós ata o 19 de abril, así que apurade a levar as vosas eleccións!
Rematamos de montar o croma que formará parte do espazo creativo que estamos a preparar na sala de lectura "Carlos Casares" do edificio de Secundaria.
Xa estamxs preparadxs para facer unhas fabulosas creacións audiovisuais!
Ángela Liñares (3ºESO)
Lara Couto (1º ESO)
Miguel Ángel Neira (1º ESO)
Noraboa!
A entrega de premios realizarase na biblioteca este luns día 14 durante o segundo recreo. O resto de participantes pasádevos tamén porque teremos un detalliño para vós, non o perdades 😉
Xunt@s chegaremos á igualdade!
O 8 de marzo é unha data sinalada para visualizar a desigualdade de xénero que, por desgraza, aínda existe na actualidade. Tamén é unha boa ocasión para reivindicar a loita pola igualdade efectiva de dereitos para as mulleres en tódolos ámbitos.
Os equipos de dinamización do noso centro súmanse a esta reivindicación organizando diversas actividades que permitan concienciar ao noso alumnado sobre este tema.
Durante esta semana quixemos visibilizar a mulleres que destacaron ou destacan en todo tipo de ámbitos organizando un concurso-investigación sobre elas.
O concurso consiste en ler as descricións que hai colgadas diante da biblioteca de Secundaria e intertar unilas coas imaxes e os nomes que hai polos corredores para descubrir a muller relevante que se agocha tras cada descrición.
Só hai que pedir a plantilla na biblioteca, cubrila e entregala á persoa que estea de garda na biblioteca. Aquí podedes ver ao noso alumnado en acción:
En breve desvelaremos o resultado do concurso. Noraboa a tod@s @s participantes!
Por fin chegaron as novas mesas para a sección de Secundaria! Agora temos un espazo moito máis funcional, accesible e atractivo.
Aquí tedes algunha imaxe do noso novo espazo, pasade a descubrilo!