Velaquí tedes unha recopilación de todo o material que nos enviastes para celebrar o Día do Libro. Se aínda non fixeches a túa aportación, non te preocupes, iremos engadindo máis segundo as vaiamos recibindo.
Hoxe é o Día do Libro pero, que pasa se xa rematastes de ler os libros que tiñades na casa? Para axudarvos a pasar mellor esta corentena, desde a biblioteca queremos mostrarvos algúns lugares onde podedes conseguir novas lecturas sen ter que saír da casa. Comezamos! En primeiro lugar, a revista Papagaio mándanos a súa edición en pdf para que poidades seguir disfrutando dela. Podédela consultar nesta ligazón. Galicia Le. A plataforma de préstamos de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas dános a opción de rexistrarnos e poñernos a ler: https://www.galiciale.gal/ Weeblebooks. Esta editorial ten dispoñibles libros, audiolibros e contos infantís e xuvenís na seguinte ligazón:https://weeblebooks.com/es/home/ Libros en pdf. Na seguinte ligazón atoparedes unha gran selección de libros para ler en pdf: https://www.formarse.com.ar/sitio/2019/06/28/los-mejores-201-libros-en-pdf-para-descargar-gratis/ Cómic. Nesta ligazón poderedes descargar gratis en pdf Los caballeros de la orden de Toledo, de Javierre e Juanfran Cabrera.Tamén poderedes acceder a outros cómics distintos pinchando aquí. Libros e contos infantís. Na seguinte ligazón atoparedes libros e contos para os pequenos. https://elestudiantedigital.com/libros-en-pdf-para-ninos/ Libros electrónicos. Na páxina de Casa del Libropodedes acceder de forma gratuíta a todo tipo de libros para ler nesta corentena; iso si tedes que crear un perfil e descargar o libro.
A Biblioteca Virtual Galega ofrece unha selección de obras en galego de todo tipo; iso si, algunhas están completas e noutros casos podedes acceder a unha selección da obra en cuestión.
Ola a tod@s! Como sabedes mañá xoves, 23 de abril é o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor e aínda que este ano toca celebralo en confinamento, non por iso ten que ser un día menos especial. Non hai máis que ler esta bonita reflexión do escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago:
Como é ben certo que os libros nos falan distinto a cada un de nós e en vista de que non é posible abrir a biblioteca para que levedes as nosas recomendacións, propoñémosvos que compartades con nós eses libros que vos acompañan nesta corentena. Para iso queremos que nos fagades chegar as vosas lecturas favoritas nun pequeno vídeo onde nos ensinedes a portada do libro, nos digades o título e o autor/a e nos leades as primeiras liñas (ou o primeiro poema se é de poesía). Non é necesario que saiades vós completos, podedes enfocar o libro sen máis. Por suposto, se non é posible gravar un vídeo, unha gravación de audio tamén será ben recibida. Enviade as vosas propostas ao correo da biblio: bibliotecaforte@gmail.com ao longo desta semana. Animádevos a participar, estades tod@s convidados!
As nenas e nenos de Educación Infantil en colaboración coas familias quixeron celebrar con nós o Día Internacional da Terra, enviándonos fotografías das súas hortas, xardíns e plantas e así achegarnos ao exterior, á primavera e á natureza. Pinchando na imaxe podedes ver o resultado. Moitas grazas!!