Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

martes, 28 de marzo de 2017

Carlos Casares




      O 17 de maio  celebramos un ano máis o Día das Letras Galegas. E nesta ocasión adícaselle o día a un " CONTADOR DE HISTORIAS ".

     A Fundación que leva o seu nome ofrécevos a oportunidade de coñecer e descubrir o seu mundo persoal e literario. Premede na imaxe e achegarédesvos a este gran intelectual.

http://fundacioncarloscasares.org/  

         Carlos Casares foi Presidente do Consello da Cultura Galega desde o 1996 ao 2002. Premendo en Carlos Casares e Consello  teredes un retrato do persoeiro.



























luns, 27 de marzo de 2017

Unha achega literaria

             Imos achegarnos ao mundo literario de Carlos Casares, autor homenaxeado o 17 de maio de 2017, Día das Letras Galegas coa seguinte proposta de lecturas tanto para nenos como para adultos. Que vos sexan unhas lecturas proveitosas!










luns, 13 de marzo de 2017

8 de marzo , MULLER E MÚSICA

           O lema deste ano das Bibliotecas escolares é A biblioteca , territorio das Artes. Unha desas artes, a MÚSICA tivo un espazo significativo na celebración do Día Internacional da Muller.
          O alumnado da materia de Música de 3º e 4º de ESO realizou un traballo de investigación coordenado pola profesora Lina González e aquí podedes ver o magnífico resultado.


               Ademais tamén participaron  os alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO cunha exposición sobre as Mulleres na Antigüidade.




venres, 10 de marzo de 2017

Día da muller traballadora


Día da muller traballadora
       Compartimos actividade co equipo de Normalización e Dinamización para dar a coñecer e acordarnos de mulleres que polo seu labor foron precursoras doutras moitas.