Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

domingo, 19 de maio de 2019

SEMANA DAS LETRAS//SEMANA CULTURAL

Como sabedes, durante a semana pasada celebramos a Semana Cultural do noso centro, a oitava xa, coincidindo coa Semana das Letras Galegas. Como non podía ser doutra maneira, a Biblioteca tamén estivo presente, colaborando na organización de eventos e actividades do máis dispar.

Para abrir boca, na cerimonia de apertura contamos coa visita de Luis Toxo, amigo de Antonio Fraguas e que nos acercou á vida máis persoal e familiar do homenaxeado nas Letras.



En colaboración cos departamentos de Xeografía e Historia, Música e E. Plástica organizamos as exposicións que se podían visitar na entrada e nos corredores do edificio de Secundaria:

"Poesía feminina e cómic"- Onde o alumnado de 3º fixo unha reinterpretación persoal en cómic de diversos poemas de poetas galegas.















"Evolución dos aparellos de reprodución de audio"- A comunidade educativa aportou diferentes dispositivos de audio que mostran a súa evolución desde os anos 50.




"Persoeiros de Boqueixón: Rei Ballesteros e Gregorio Ferro"


 




Como colofón á exposición, organizamos unha mesa redonda coa viúva do escritor Anxo Rei Ballesteros, coa escritora Iolanda Aldrei e o profesor Jorge Conde, que nos mostraron unha cara menos académica do noso persoeiro. Rematou a mesa redonda coa inauguración das novas aulas "Gregorio Ferro" e "Anxo Rei Ballesteros", para o que contamos con música tradicional en directo.


 

 

 




E por se iso non fose pouco, ao longo desta semana o alumnado de 5º de Primaria colaborará co de Infantil cun apadriñamento lector e cunha proxección de contos cooperativos con luz negra e o alumnado de Infantil participará en obradoiros de manualidades, contacontos, lectura e recitado de poemas todo da man das súas familias.

Grandes Letras Galegas!!


domingo, 5 de maio de 2019

SEGUIMOS COA SEMANA DO LIBRO!

Ademais das recomendación lectoras, en Infantil e Primaria realizamos máis actividades nesta Semana do Libro.

Houbo un apadriñamento lector entre o alumnado maior e o pequeno de Infantil:




Tamén aproveitaron para compartir as súas lecturas favoritas:


 

E logo contamos coas visitas de contacontos que nos fixeron pasar un rato estupendo!!