Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

luns, 23 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO. TODXS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Estase achegando o 25 de novembro e desde a biblioteca queremos sumarnos á loita contra esta lacra da sociedade.


Ademais da celebración deste pequeno acto, preparamos unha selección de recursos que seguro vos resultarán interesantes. Tedes películas, curtas, música, guías didácticas e libros que podedes atopar na biblioteca.

Xuntxs podemos!


domingo, 8 de novembro de 2020

CREACIÓNS DO SAMAÍN

Rematou este Samaín e velaquí tedes o resultado de todas as propostas. En primeiro lugar queremos que vexades as calaveritas literarias e o poema colaborativo "Eu teño medo de...". Para disfrutalos só tedes que pinchar na imaxe de abaixo.


E agora podedes acceder aos relatos do concurso de historias de terror "The spooky story contest":



Noraboa a tod@s @s participantes! Gran traballo!

luns, 2 de novembro de 2020

DÍA DE NEIRA VILAS

O día 3 de novembro celebramos no CPI o Día de Neira Vilas, entrañable escritor que dá nome á nosa Biblioteca e que nos visitou nun par de ocasións para compartir con nós a súa sabedoría.

Como pequena homenaxe presentamos este vídeo elaborado polo Equipo de dinamización da Biblioteca sobre a súa figura e narrado polo alumnado colaborador da biblioteca. Non o perdades!

Tamén vos convidamos a sumarse á petición da Fundación Neira Vilas subindo á rede fotografías dos seus libros cun breve comentario. Empregar o cancelo #3novdíadeneiravilas e/ou a etiqueta @fundacionxoseneiravilas.

Animádevos!