Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta SAMAGOSTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAMAGOSTO. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de novembro de 2021

HISTORIAS DE MEDO PARA UN SAMAGOSTO TERRORÍFICO

 Chegou a semana do Samagosto e desde a biblioteca queremos compartir con vós uns fabulosos relatos de terror escritos, narrados e ambientados polo alumnado de 3º da ESO especialmente para a ocasión. 

Traballaron arreo para rematalos e facernos pasar un Samaín de medo, así que non perdades máis tempo e premede na imaxe para poder escoitalos e pasar un rato terrorífico!




O alumnado de Infantil non se quedou atrás e tamén disfrutou dun contos de terror cada día durante toda esta semana. Unha semana de medo!






domingo, 8 de novembro de 2020

CREACIÓNS DO SAMAÍN

Rematou este Samaín e velaquí tedes o resultado de todas as propostas. En primeiro lugar queremos que vexades as calaveritas literarias e o poema colaborativo "Eu teño medo de...". Para disfrutalos só tedes que pinchar na imaxe de abaixo.


E agora podedes acceder aos relatos do concurso de historias de terror "The spooky story contest":



Noraboa a tod@s @s participantes! Gran traballo!

xoves, 29 de outubro de 2020

ACHEGÁMONOS A UN SAMAGOSTO DE MEDO

 Estámonos achegando ao Samaín e aínda que esteamos nesta situación tan excepcional, desde a Biblioteca queremos seguir colaborando para celebrar este día tan especial.

O alumnado de 1º de ESO fará unha lectura dramatizada do relato Medo, eu? de Fina Casalderrey, crearase un poema colectivo baixo o título: Eu téñolle medo a... e xunto co departamento de inglés convócase un concurso de historias de terror en inglés, que se publicarán neste blog.

Animádevos a participar, tedes ata o 2 de novembro!





mércores, 20 de novembro de 2019

CELEBRACIÓN DO SAMAGOSTO E MES DE NEIRA VILAS

E por fin puidemos celebrar o Samagosto! Desde a Biblioteca e en colaboración con varios departamentos, aportamos unhas historias terroríficas escritas polo alumnado de 2º e 3º de ESO e ambientadas polo alumnado de Música de 4º de ESO que se leron en riguroso directo. Ademais, o alumnado de 1º de ESO, seguindo co mes adicado a Neira Vilas, fixeron unha lectura do relato "Pantasmas" que atopamos na obra "Cartas a Lelo" e que resultou moi apropiado para a ocasión. Aquí vos deixamos a mostra para que o disfrutedes:



Tamén o alumnado de Infantil e Primaria colaborou nesta celebración, elaborando un precioso mural adicado a Neira Vilas e ilustrando fragmentos das súas obras. Velaquí o fabuloso resultado:





luns, 11 de novembro de 2019

A MAL TEMPO, BOAS LECTURAS!

Seguimos sen celebrar o Samagosto por mor do mal tempo que parece non querer separarse de nós. Sentíndoo moito teremos que agardar aínda unha semana máis para escoitar as historias de terror que o alumnado de 2º e 3º de ESO escribiu para a ocasión e que teñen un acompañamento musical moi especial da man do alumnado de 4º de ESO.

A que si vai acorde co tempo é a biblio de Primaria, que nestes primeiros meses se está a empapar de boas lecturas e de suxestións de todo tipo.





E entrementres o tempo mellora, seguimos coa celebración adicada a Neira Vilas cunha exposición das súas obras na sección de Secundaria e un mural realizado polo alumnado de Primaria.





xoves, 31 de outubro de 2019

PREPARANDO O SAMAGOSTO E O MES DE NEIRA VILAS

Na biblio xa estamos preparando o Samagosto que se celebrará a semana que vén. Temos seleccionadas xa unha serie de lecturas escalofriantes que vos xearán o sangue... Ademais a decoración dos espazos vai avanzada, co noso alumnado colaborador e o alumnado de Plástica traballando a todo trapo. Achegádevos!

Tamén vos lembramos que a semana próxima tamén imos comezar o mes de Neira Vilas, ao que lembramos con moito agarimo. Como inicio teremos unha exposición coas súas obras e unha lectura dramatizada do seu relato Pantasmas do libro Cartas a Lelo, a cargo de alumnado de 1º de ESO coincidindo co Samagosto. Iremos colgando máis novas!!








luns, 12 de novembro de 2018

A TRACA FINAL... O SAMAGOSTO!!

Por fin chegou a tan esperada celebración do Samagosto e non decepcionou!
En Infantil e Primaria os rapaces elaboraron uns contos de medo


e a continuación pasaron polo Túnel do Samaín:
Logo de comer unhas castañas todos xuntos, o alumnado de Secundaria fixo unha lectura dos mellores relatos de medo presentados na Biblioteca cunha estupenda ambientación en directo dos alumn@s de Música de 4º de ESO. Fabuloso resultado e noraboa a tod@s!!