Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
xoves, 28 de abril de 2016
MANUEL MARÍA
Como sabedes , este ano o Día das Letras Galegas está dedicado á figura do escritor de Outeiro de Rei MANUEL MARÍA.
Reconstruíde este crebacabezas e leredes un fermoso texto sobre o noso idioma.
36
xoves, 21 de abril de 2016
HOMENAXE A MANUEL MARÍA
O Equipo da Biblioteca iniciou o ano cunha actividade enigmática : a
colocación de pezas dun crebacabezas polos corredores que se
correspondían coa súa sinatura - tan característica - a súa imaxe e do
seu nome coa finalidade de que os rapaces se preguntaran que podía ser
aquilo que cada semana se ía distribuíndo polas paredes .
Velaquí unha pequena mostra.
Velaquí unha pequena mostra.
Na primeira semana de abril situamos unha imaxe do persoeiro enigmático.
Na zona de 1º e 2º de ESO , o noso persoeiro é ben noviño.
Na zona de 3º e 4º de ESO o noso persoeiro xa é un adolescente. |
mércores, 13 de abril de 2016
23 DE ABRIL
OS
LIBROS SON PARA VALENTES
A
verdade é que nunca gustei moito de todos eses discursos sobre a
importancia do libro, das boas lecturas, e todo aquilo...Sempre
pensei que falar da importancia da lectura era como ter que explicar
a importancia de comer, de beber. De respirar.
Porque
de nada serve unha lectura se non nos atrapa. De nada serve un libro
que non nos namora. Que non nos marabilla, que non nos amosa outros
mundos, que non nos emociona. De que serve unha historia se non nos
arrastra dentro da treboada, se non nos fai chorar ante unha vida que
se apaga, se non nos fai rir ata desencaixarnos a mandíbula, se non
nos arrebata, se non nos calma...? Esas son as boas lecturas, as que
nos levan máis alá destas catro paredes. E eses son os bos libros,
os que nos converten en mellores persoas, máis grandes, máis
capaces, máis vivas.
Todos
sabemos que para cada un de nós hai un amor. Un que nos cambiará a
vida, que lle dará sentido á nosa existencia, e nada máis debemos
estar dispostos a ser valentes , a dar un paso adiante e dicirlle a
esa persoa "Ei, ti, gústasme! Podo darche un bico?" Do
mesmo xeito, eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un
que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae
adiante, como se avanza. Ou, polo menos como poñerlle o rabo ás
cereixas...
Para
todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que esteamos
dispostos a abrilos. Que me dicides, valentes, atrevédesvos?
Pedro Feijoo
Pedro
Feijoo neste marabilloso texto escrito para a celebración do Día Mundial do
Libro e dos Dereitos de Autor 2016 e que foi un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia , lánzanos un reto. Imos ser eses valentes e ímonos atrever!!!
Que
libro me atrapou ?
Que
libro me namorou?
Que
libro me marabillou?
Que
libro me amosou outros mundos?
Que
libro me emocionou?
Que
libro me fixo chorar?
Que
libro me fixo rir ás gargalladas?
Que
libro me calmou?
23 de abril
O Equipo da Biblioteca ofrécevos a proposta de lecturas do mes do Libro.
Preme aquí e podes consultala. Que vos sexa proveitosa!!!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE ABRIL
Preme aquí e podes consultala. Que vos sexa proveitosa!!!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE ABRIL
MANUEL MARÍA
As Letras Galegas 2016 está dedicado a Manuel María.
O Equipo da Biblioteca iniciou o ano cunha actividade enigmática : a colocación de pezas dun crebacabezas polos corredores que se correspondían coa súa sinatura - tan característica - a súa imaxe e do seu nome coa finalidade de que os rapaces se preguntaran que podía ser aquilo que cada semana se ía distribuíndo polas paredes .
Máis tarde apareceron unhas fotos misteriosas.
Agora podemos ver a composición completa do noso personaxe enigmático. Velaí a tedes!
MANUEL MARÍA on PhotoPeach
O Equipo da Biblioteca iniciou o ano cunha actividade enigmática : a colocación de pezas dun crebacabezas polos corredores que se correspondían coa súa sinatura - tan característica - a súa imaxe e do seu nome coa finalidade de que os rapaces se preguntaran que podía ser aquilo que cada semana se ía distribuíndo polas paredes .
Máis tarde apareceron unhas fotos misteriosas.
martes, 12 de abril de 2016
LIBROS
QUE PASOU?
Despois dunha lectura dramatizada do relato "O Suso" de Méndez Ferrín , o alumnado de 4º de ESO debía argumentar o final, o porqué dese final. Déronse moitas variables , ides ver como botaron a andar a súa imaxinación .
Eis as súas respostas.
O rapaz, Manolito, estaba
soñando con que estaba a dar unha volta con Suso polo lado do río a
ver a un neno afogado, pero ao final cando os rapaces estaban a tirar
as pedras dicíndolle que Suso morrera, Manolito estaba aínda medio
durmido e por iso veu ao Suso como o neno afogado.
Tamara Sánchez
As miña teorías son
tres :
- Que todo foi un soño de Manolito ata a mañá que o veñen a buscar os seus amigos.
- Que o fantasma de Suso levou a Manolito ao lugar da súa morte.
- Que ocorre unha catástrofe que acaba coa vida de todos os habitantes da zona e as persoas que viviran vidas incompletas , ben sexan os rapaces, acceden a outra dimensión e alí os rapaces seguen coa súa vida sen darse de conta da ausencia dos adultos e entón Suso decátase de todo e descobre como abandonar esa dimensión polo que pouco antes de partir dálle unha pista a Manolito sobre o que está a ocorrer.
Daniel Silva
Manolito prediciu a morte
do seu amigo a noite na que sucedeu.
Uxía Balo
Suso quería humillar a
Manolito asustándoo, pero parécelle saír mal a xogada e acaba
afogando no río.
Rubén Cereijo
O subconsciente de
Manolito fíxoo dirixirse ata alí porque algo dentro del lle fixo
darse conta diso, xa que ás veces a conexión cunha persoa é tan
forte que se crean lazos máis alá do imaxinable.
Lorena Arteaga
Creo que o acontecido foi
un soño froito da imaxinación de Manolito, o cal lle produciu unha
gran angustia. Por outra banda, pode ser que o Suso se quixese
suicidar e que alguén fose testigo diso.
Lucía Gontán
O Suso decidiu suicidarse
e avisa a Manolito para que se sinta confuso. Ou Manolito soña todo
o ocorrido. Pero, tamén sofre episodios nos que ve que alguén morre
, nun futuro cercano, e no que el mesmo aparece.
Daniel Pazos
A alma de Suso abandonou
o seu corpo e foi buscar a Manolito para que recollera o seu corpo e
se fixera cargo del. Ou tamén pasa o mesmo que o conto de Pedro e o
Lobo: Suso foi animar a Manolito de que había un afogado, e como era
mentira caeu á auga e afogou e apareceu na beira pola que buscaba
Manolito.
Marina Ferradás
O que realmente sucedeu é
que Manolito estaba aturdido polo sucedido, e despois de meterse na
cama non sabía se o que sucedera era certo. Ou Manolito tivo un soño
predicindo a morte do seu compañeiro , Suso.
Darian Lamego
Creo que Manolito se
deitou e soñou todo, aínda así, o Suso morrera aquela noite e eu
penso que todo foi coincidencia. Outra teoría, é que Manolito
afogou ao Suso no río e logo conta a historia da súa maneira
deixando estas incógnitas abertas sen resolver.
Adrián Bermúdez
A miña teoría é que o
Suso foi chamar por Manolito para ver un afogado, pero o afogado non
existía. Cando chegaron alí o Suso díxolle que se separaban para
buscalo e nese momento o Suso tirouse ao río para suicidarse e así
asegurarse de que encontraban o corpo.
Carme Mouriño
Foi un soño no que
Manolito viu que o seu compañeiro Suso afogara e el pensou que
sucedeu de verdade, ata que os rapaces o viñeron espertar pola mañá.
Martín Pereiras
Pode ser que fose verdade
e unha noite Suso foi chamar por Manolito. Suso díxolle que foran ao
río porque afogara un rapaz, e cando chegan alí Suso mándalle que
o busquen por lugares diferentes. Entón Suso tírase ao río ,
suicidándose, e Manolito a quen atopa afogado é a Suso. Este tiña
todo planeado e querían que atopasen o seu corpo. Manolito asustado
vaia para a casa e dinlle ao día seguinte que morreu Suso.
Fátima Carro
Penso que Manolito soñou
todo. Ou tamén sabía que o Suso ía morrer porque tivo unha visión.
Alicia Díaz
Manolito tivo un soño no
que o Suso morrera e ese soño fíxose realidade .
Fátima Méndez
Penso que Manolito tivo
un pesadelo co Suso e esa mesma noite o Suso cadrara que morrera,
como se Manolito o previra co soño. E todo foi unha coincidencia.
Iago Martínez
O Suso levou a Manolito
adrede ao río dicíndolle que había unha persoa afogada, pero o que
está facendo o Suso é predicirlle os acontecementos. Tamén puido
ser que Manolito soñara o que pasara ,algo que pola mañá resultou
ser unha predición.
Sara García
Manolito confunde a
realidade. Primeiro, non é o Suso quen chama por el senón ao revés.
Segundo, Manolito leva ao Suso ameazado , por iso leva a cabeza
gacha. Terceiro, Manolito ten medo non do ambiente senón do que vai
facer que é matar a Suso, quizais por envexa. Por último , Manolito
séntese culpable tras cometer o asasinato, pero á vez orgulloso tan
e como o demostra cando todos os rapaces chaman por el pola mañá.
Marcos Agrelo
luns, 11 de abril de 2016
CONCURSO
A
nosa Biblioteca = base de exploracións
Ao
longo de varias semanas ides investigar e xogar! A nosa BIBLIOTECA será unha vez máis base de exploracións .
Atoparedes unhas imaxes relacionadas cun PERSOEIRO
GALEGO nun PANEL
situado na entrada do Centro. Nel aparecerán 6 cuestións que poderedes resolver navegando na
Rede ou utilizando o material bibliográfico que está á vosa
disposición na nosa Biblioteca.
Ao resolver as preguntas que aparecen con cada imaxe saberedes
máis sobre el . Desvelaremos a súa identidade na Semana Cultural !
As instruccións tédelas expostas no vestíbulo do Centro e no panel de últimas noticias ao ladiño da Biblioteca.
ANIMÁDEVOS
A PARTICIPAR!!!!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)