Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

mércores, 25 de maio de 2016

GAÑADORES

        Eis os nosos premiados! Grazas pola  vosa participación e noraboa a todos!

Premiados da actividade do Samaín da lectura dramatizada de Precísase fantasma!
Premiados no Concurso : Quen é o noso persoeiro enigmático? Manuel María

luns, 16 de maio de 2016

HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS



      Hai uns anos tivemos a honra de recibir a visita de Xosé Neira Vilas. Compartiu con nós unha charla afable, agarimosa e mostrou o seu agradecemento porque lle deramos o seu nome á nosa Biblioteca.


   
     Compartimos con el moitos e bos momentos , era unha persoa boa e xenerosa e así nolo demostrou. Fomos honrados en darlle o seu nome á nosa Biblioteca, agasallounos con libros tanto seus como doutros autores, fomos os primeiros en ver a película de debuxos animados “Meimiño” nunha estrea especial para o noso alumnado na súa Fundación.

 e o alumnado de 5º de Primaria, hoxe alumnado de 1º de ESO, foron actores e actrices nunha curtametraxe titulada Querido Tomás, a petición persoal de Xosé Neira Vilas.  

        

     En novembro sosprendeunos o seu falecemento e hoxe somos nós dun xeito moi humilde os que honramos a súa figura e lle rendemos unha pequena e sentida homenaxe. 
     Unha homenaxe dos alumnos e alumnos do CPI Antonio Orza Couto que sempre foron obxecto de atención pola súa parte. Sempre pensou en nós!!!

     O noso abecedario na súa honra comezaba deste xeito :
X de XENIO que nunca cansaba...
O de OBRA. Máis de 6o obras...
S de SEMPRE escribiu en galego...
É de É un escritor que sempre tivo en conta ao lector...


N de NENOS . Os nenos foron protagonistas das súas obras ...
E de EU . "Eu son Balbino...
I de INVESTIGADOR. Unha das facetas de Xosé Neira Vilas foi investigar...
R de ROMANO, a Casa do Romano...
A de AGORA . Agora o Balbino tería de todo...


V de VIDA. Unha vida con Anisia Miranda...
I de INNUMERABLES foron os recoñecementos á súa figura...
L de LABREGO ."Son autenticamente labrego...
A de APAIXONADO. Xosé Neira Vilas consagrouse de maneira apaixonada á súa vocación...
S de SERENIDADE. A serenidade e a paz - despois de longos anos na emigración - deulla a súa aldea, a súa casa do Romano en Gres...

Aquí tedes o noso ABECEDARIO creado na V Semana Cultural 2016


















venres, 13 de maio de 2016

MANUEL MARÍA

           O alumnado de 3º e 4º de ESO celebran un Día das Letras 2016 diferente e moi poético !

           O noso homenaxeado, Manuel María, escribiu Bando , poema que forma parte de Documentos personaes , que comeza así :

                                      Publícase por orde da alcaldía
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Desde agora as pombas teñen
que pedir licenza para voar.

Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
 
      A primeira proposta era adaptar o texto escrito polo noso poeta cambiando os versos da primeira prohibición por permisos!!!
      A segunda proposta era crear outro poema coas prohibicións ao xeito de Manuel María .

              Velaquí tedes o primeiro dos traballos!!!


          PERMÍTENSE POR ORDE DO ALUMNADO DE 4º de ESO ...

que a xente se poida expresar libremente sen ser cuestionado por ninguén
que os profesores non manden tantos deberes en época de exames
que os cans teñan dereito a entrar en lugares públicos
que haxa máis vacacións
que as guerras se convirtan en festas
que toda persoa sexa feliz
que os pais deixen saír as fins de semana
que todos sexamos diferentes ao convivir
que se acabe a fame no mundo
que nunca máis exista a pobreza
que acaben as guerras
que as persoas non sexan discriminadas
que os rapaces e rapazas menores de idade teñan voz e voto en temas políticos
que todo o mundo teña auga
que todas as persoas teñan dereito á educación
que as persoas deixen voar a súa imaxinación e desexen cousas que realmente queren
que nos poñan cadeiras máis cómodas
que non estea prohibido non facer exames
que se valore polos actos e non pola aparencia
que se actúe por altruísmo e non por interese
que se poida saír da clase nas horas de garda
que non se critique a xente
que o horario sexa só de mañá
que non existan as fronteiras
que cando falte a profesora de educación física, se poida facer a clase igual
que en clase de matemáticas calen todos
que a xente chore cando o precise
que exista a igualdade entre xéneros
que haxa unha clase cada día para facer os deberes
que cada dúas clases haxa un tempo de descanso
 que a confianza sexa dada e coidado por todos
que os soldados solten as súas obras e abracen os contrarios
que cada un sexa como queira por dentro e por fóra
que todos teñamos acceso á educación
que ninguén de nós quede sen teito
que se poña fin ao maltrato animal
que disfrutemos da vida con alegría
que chova cando hai que estudar para os exames
que os recreos duren máis tempo
que os libros pesen menos
que os días duren 48 horas para poder durmir 24
que os alumnos leven libros e apuntamentos ao exame
que haxa un día máis na fin de semana
que se nos teña máis en conta



    
              Os nosos alumnos de 3º de ESO crearon un Poema-Bando coas súas prohibicións  dun xeito moi particular. Na Biblioteca tiña todo disposto para botar a andar a súa imaxinación e ser Manuel María por un día!
               Prohíbese por orde do alumnado de 3º do Forte...
roubarlle as esmolas ós curas
romper material escolar coa mente
pensar cousas inapropiadas
levantarse cedo a fin de semana e festivos
chorar nos enterros
facer exames e deberes
estar aburrido nas horas de lecer
que a auga afogue as plantas
que as nubes choren tanto
que o vento ante con tanta présa
que no Forte non haxa diversión
durmir a sesta pola semana
tomar o sol os días de calor
andar a correr porque así vivirás máis
alongar as clases e acurtar os recreos
chorar os sete días da semana
que faga menos de 20º
chover en inverno
peitearse os luns
poñer exames nos aniversarios dos alumnos
estudar polas tardes
que a xente vaia ao super antes de que remate as súas reservas
contar chistes malos
durmir en clase , menos a Caneda que descansa a vista
facer presentacións orais
empezar o paquete de galletas ata que caduquen
facer frío e moita calor
estar triste
non dedicar unha hora ao día a rir
faltar ás festas
Os nosos alumnos concentrados.



Anunciamos o noso Bando!







 Exposición coas prohibicións dos nosos alumnos!


xoves, 12 de maio de 2016

O NOSO PERSOEIRO BOQUEIXONÉS : ANXO A. REI BALLESTEROS

      O Equipo de Dinamización da Biblioteca investiga. Xa foron obxecto de traballo: Gregorio Ferro (pintor) e Juan Viaño ( Reitor da USC e profesor de matemáticas ). Desta vez, investigamos sobre ANXO A. REI BALLESTEROS, escritor vinculado ao noso Concello. Aquí  vos deixamos unha mostra :
     
Exposición do traballo sobre Anxo A. Rei Ballesteros




     
Na V Semana Cultural fixemos un paseo literario por Boqueixón da man de Iolanda Aldrei- docente boqueixonesa - que nos amosou paisaxes literarias de Anxo Rei Ballesteros e outras figuras do noso Concello. 

xoves, 5 de maio de 2016

23 DE ABRIL

Os nosos alumnos de 3º de ESO realizaron unha exposición cos seus traballos sobre EL Quijote. Noraboa polo magnífico traballo.

 EL QUIJOTE 23 DE ABRIL 2016 on PhotoPeach