Por aquí vexo un camiñoque non sei a onde vai;polo mesmo que n’o sei,quixérao poder andar.(Rosalía)
Por aquí vexo un camiño
que non sei a onde vai;
polo mesmo que n’o sei,
quixérao poder andar.
(Rosalía)
A semana pasada entregáronse na Biblioteca ‘Neira Vilas’ do CPI Antonio Orza Couto diversos premios relacionados coa celebración do Día de Rosalía, o 23 de febreiro.
Por unha banda, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, ademais de agasallar a todo o alumnado de secundaria cun fermoso marcapáxinas da autora, fixo un sorteo entre os e as participantes nunha actividade na que tiñan que buscar información sobre a autora en diferentes paneis localizados nos corredores do primeiro andar.
Os galardoados foron: Uxía Quintela Calvo de 2ºESO, Tania Rúa López de 3ºESO A e Aitor Jamardo Rodríguez, de 4ºESO.
Por outra banda, a Biblioteca Neira Vilas, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Departamento de Plástica, organizaron dúas actividades co gallo do Día de Rosalía. O alumnado de 1º e 2º ESO puido ilustrar, mediante a técnica do trazo, un fragmento dun poema de Rosalía entre unha selección. No caso do alumnado de 3º e 4º ESO tiñan que facer un videopoema dun texto da autora en galego.
Resultaron premiados nestas actividades: Pablo Mateo Mateo (1ºESO), Manuel Rey Dourado (1ºESO) e Andrea Rosende Sánchez (4ºESO).
Parabéns para todo o alumnado participante e agardamos que desfrutaran das actividades.