Co gallo do día das Letras Galegas, adicado este ano a
Carlos Casares, fixemos un mural para decorar o escenario do salón
de actos onde tiveron lugar todas as actuacións da Semana Cultural.
Durante todo o curso, estivemos traballando na
biblioteca con este proxecto iniciado a ano pasado. Os nenos de 5
anos de Infantil foron agora os que lle leron os contos aos de 6º,
os seus padriños. Antes, viñan lendo os maiores aos máis pequenos
pero agora que xa saben ler, satisfacíalles máis facer ó outro
xeito.
Mediante diferentes
técnicas, este ano propuxémonos darlle forma á mascota da nosa
Biblioteca, un rato. Utilizouse book-art, lá, pasta de modelar,
cartón, etc.
A
familia Otero Redondo brindounos a oportunidade de facer un
contacontos xunto cos seus nenos, Brais e Breixo. Os contos que nos
presentaron en video, lectura e musicado foron Orellas de
Bolboreta e O cazo de Lorenzo. Ámbolos dous libros teñen
teñen un significado especial porque os protagonistas teñen alguna
diferenza respecto aos demais nenos e ensinan como superar esas
diferenzas.