Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

xoves, 29 de outubro de 2020

ACHEGÁMONOS A UN SAMAGOSTO DE MEDO

 Estámonos achegando ao Samaín e aínda que esteamos nesta situación tan excepcional, desde a Biblioteca queremos seguir colaborando para celebrar este día tan especial.

O alumnado de 1º de ESO fará unha lectura dramatizada do relato Medo, eu? de Fina Casalderrey, crearase un poema colectivo baixo o título: Eu téñolle medo a... e xunto co departamento de inglés convócase un concurso de historias de terror en inglés, que se publicarán neste blog.

Animádevos a participar, tedes ata o 2 de novembro!





sábado, 24 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Desde 1997 celébrase o 24 de outubro o Día das Bibliotecas.

"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia"

A nosa Biblioteca quérese sumar a este lema e  seguir ofertando servizos aínda que a realidade que nos toque vivir sexa moi complexa. Para isto sacamos a biblioteca dos límites do seu edificio e creamos esta Biblioteca virtual, coa que poderedes acceder a unha variada serie de recursos. 

Por suposto, a Biblioteca é un servizo vivo para toda a comunidade educativa, polo que vos convidamos a que nos fagades chegar máis recursos que iremos engadindo. 

Feliz día e boas lecturas!




domingo, 18 de outubro de 2020

NOVO CURSO, NOVO PROTOCOLO

Comezamos un novo curso nesta realidade tan atípica na que estamos inmersos. 
Desde a biblioteca queremos adaptarnos e facer do noso espazo un lugar útil e seguro, polo que elaboramos estas novas normas de uso e de préstamo, que combinan o presencial co virtual para continuar o noso labor no Centro.

Lembrámosvos que a biblioteca estará aberta nos dous recreos, agás a Sala de lectura "Carlos Casares", que non se poderá empregar este ano e que todos os servizos seguen estando en funcionamento, incluído o préstamo para as familias.

Esperamos que este curso sexa proveitoso!!