Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
mércores, 31 de maio de 2017
VERSIONANDO A ARTE !
Presentámosvos o Proxecto de Versionando a ARTE !!! FANTÁSTICO TRABALLO
VERSIONAMOS A ARTE ! PhotoPeach
luns, 29 de maio de 2017
SELFIES LECTORES
Co fin de potenciar a lectura en familia, propuxemos una
nova tarefa dende a biblioteca. Esta vez, tratouse de facer un selfie
en familia no momento que se lle adica á lectura na casa.
GRANDES SELFIES !!!! GRATAS LECTURAS !!!!
mércores, 24 de maio de 2017
MARCADORES PERSOAIS
Cada titoría fixo o deseño propio duns marcadores para
ir á Biblioteca co fin de sinalar o espazo onde se sacou un libro
para logo volver a colocalo no seu sitio.
O deseño e o coloreado eran de estilo libre para logo
plastificalos e que duren un tempo.
martes, 23 de maio de 2017
ENCONTRO CON HAKAN CASARES
Desde
o ano 1963 celebramos o Día das letras Galegas, un día no que
homenaxeamos a unha figura senlleira do mundo da cultura galega. Este
ano congratulámonos coa presenza no noso centro de Hakan Casares Berg, fillo de
Carlos Casares a quen lle dedicamos este 17 de maio.
Nunha
entrevista Hakan sinalaba que se sentía orgulloso e satisfeito de
que a Real Academia Galega decidise dedicarlle a seu pai o Día das
Letras Galegas do ano 2017 e nós sentimos o mesmo orgullo e
satisfacción porque o seu fillo compartira con nós a vida e obra dun
grande das nosas letras e da nosa cultura.
Dise que
ás veces unha imaxe vale que mil palabras, e pode ser porque unha
fotografía de Carlos Casares recolle a súa participación no 1º
Día das Letras Galegas de 1963 dedicado a Rosalía de Castro, unha
imaxe do pasado que se fai presente e é hoxe cando nós lle rendemos
a el , ao contador de historias , a nosa sincera homenaxe.
Encontro con Hakan Casares |
A nosa homenaxe especial foi pórlle o nome de Carlos Casares á Sala de Lectura da nosa Biblioteca.

Hakan Casares mostrouse emocionado e agradecido por este detalle en memoria de seu pai e nós igualmente xa que a presenza do contador de historias permanecerá para sempre entre nós.
venres, 19 de maio de 2017
Encontro literario
O alumnado de 3º e 4º da ESO compartiu con María Lorenzo e Manuel Iglesias Turnes a maxia da escrita e descubriron algúns dos seus segredos sobre a creación literaria. Unha tarde amena na que os nosos mozos e mozas se achegaron ao mundo de quen escribe desde moi noviña e de quen comezou a facelo algo máis tarde.
Aquí vos deixamos unha mostra deste encontro.
xoves, 18 de maio de 2017
Taller de modelado
O alumnado de 3º de ESO mostrou grandes dotes para o modelado en barro no taller impartido por Diego Vidal, ex alumno do noso centro . Aquí vos deixamos a proba do seu magnífico traballo. Foron uns grandes artistas do barro !
xoves, 11 de maio de 2017
martes, 9 de maio de 2017
VERSIONAMOS A ARTE !

Aquí
vos deixamos unha pequena mostra do proceso de creación das súas
obras, unha versión de obras e pintores.


Este é só un pequeno adianto !!!!
sábado, 6 de maio de 2017
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Desde
o ano 1963 celebramos o Día das letras Galegas, un día no que
homenaxeamos a unha figura senlleira do mundo da cultura galega. Este
ano congratulámonos coa presenza de Hakan Casares Berg, fillo de
Carlos Casares a quen lle dedicamos este 17 de maio 2017.Compartirá co noso alumnado a vida e a obra dun grande das nosas letras e da nosa cultura.
Hakan desenvolve o
gran labor de promover a cultura galega, de velar polo estudo e
difusión da obra do seu pai, Carlos Casares, de preservar a súa
biblioteca, o seu
arquivo e as súas coleccións, de promover e difundir o legado de
Carlos Casares, e apoiar iniciativas culturais de promoción da
lingua e da cultura galega tanto dentro de Galicia como fóra dela.
Ademais da charla-coloquio imos lembrar de xeito especial esta data xa que lle daremos o nome de CARLOS CASARES á nosa Sala de Lecturas nun emotivo acto en recoñecemento ao seu labor a prol da cultura e a lingua galega.
mércores, 3 de maio de 2017
TALLER DE MODELADO EN BARRO
Comezamos a VI Semana Cultural no centro cun taller de modelado en barro. Será impartido por un dos nosos ex alumnos, Diego Vidal , que nestes momentos está a cursar o Ciclo Superior de Artes Aplicadas á Escultura na EASD Mestre Mateo de Santiago. Imos deixarvos unha pequena mostra da súa ARTE .

O taller para o alumnado de 3º de ESO que se desenvolverá o 15 de maio está organizado polo Equipo da Biblioteca baixo o lema A nosa Biblioteca, territorio das ARTES !
ENCONTRO CON MARÍA LORENZO E MANUEL IGLESIAS
O próximo día 11 de maio , o alumnado de 3º e 4º de ESO participará nun encontro con María Lorenzo e Manuel Iglesias, dous escritores galegos que comparten a paixón pola literatura e que comezaron a publicar en momentos moi diferentes da súa vida cunha similitude sorprendente ... Unha casualidade e un caixón van da man !
![]() | |||
María Lorenzo e seu pai Manuel Lorenzo recibindo o premio Xerais |
![]() |
Manuel Iglesias Turnes |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)