Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

martes, 25 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO


        Para celebrar o 23 de abril - Día do Libro -  deseñamos a plantilla dun boneco ao que cada titor lle puxo o libro que lle gustara entre as mans. Cada quen decorouno como quixo e puido. A plantilla era a mesma en todos os casos.  

  Mirade que grande traballo realizaron. Un aplauso para todos eles !


      



luns, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO


       Un libro deixa sempre PEGADA  !!!! 
Preme e achegaraste a un mundo máxico !!!

As nosas recomendacións do 23 de abril !!! FELICES LECTURAS !!!!


xoves, 20 de abril de 2017

ARTISTAS !!!


Letras Mondrian
           Mondrian foi un pintor vangardista neerlandés que fundou o neoplasticismo. É coñecido polas súas pinturas non figurativas, ás que chamou composicións. Estas consisten en formas rectangulares en vermello, marelo, azul e negro separadas por grosas liñas rectas negras.
Os nosos pequenos fixeron un mural de letras coas iniciais dos seus nomes.
                           VAIA BELEZA !!!     QUE ARTE TEÑEN OS NOSOS NENOS !!!



martes, 11 de abril de 2017

CARLOS CASARES E O CINE

Este ano o lema das nosas Bibliotecas está dedicado ó mundo das ARTES, e unha delas o CINE está estreitamente relacionada co autor das Letras 2017.

Interesante artigo de Miguel Anxo Fernández na Voz de Galicia O CINE E CARLOS CASARES


luns, 3 de abril de 2017

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE

O tema central deste ano das bibliotecas son as Artes. Unha delas é o TEATRO. Castelao deixounos unha peza maxistral, Os vellos non deben namorarse.  

Premede na imaxe e imos ao teatro da man do Centro Dramático Galego.