Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

luns, 21 de decembro de 2020

CODIFICANDO O NADAL

Ola a tod@s!

Desde a biblio queremos desexarvos moi bo Nadal e convidarvos a realizar unha felicitación do máis especial. Trátase de escoller unha canción de Nadal ou ben escribir un texto e compartilo a través dun código QR, que podedes engadir no padlet que tedes a continuación.

Como facemos?

Primeiro escolledes o que queredes compartir e pasádelo a código QR na seguinte ligazón: https://www.unitag.io/es/qrcode.

Cando o teñades listo, descargádelo (vai nun arquivo zip, así que tedes que descomprimilo).

Por último facedes doble click no seguinte padlet (onde queirades), escribides os vosos bos desexos e pinchades debaixo na opción "Cargar" para subir o voso código.

De momento podedes disfrutar cos que hai xa subidos. Felices Festas!


Hecho con Padlet

venres, 18 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Achégase o Nadal e desde a biblioteca queremos propoñervos algunhas lecturas que vos fagan viaxar por mundos extraordinarios. Abrochade os cinturóns e gozade da viaxe!


BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS


Desde a biblioteca queremos informarvos de que o noso centro quedou adherido á iniciativa de "Voluntariado na biblioteca escolar", dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.

O alumnado voluntario de Secundaria realizará unha serie de tarefas en relación coa biblioteca (deseño e realización de actividades, formación de usuarios...), por suposto axustándose aos protocolos que a situación sanitaria esixe.

Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social e favorece actitudes de colaboración e solidariedade, colaborando na formación dunha cidadanía crítica e comprometida.

Estamos desexando traballar con vós!

sábado, 5 de decembro de 2020

ACTIVIDADES 3 DE DECEMBRO

 Aquí podedes ver algunha mostra do que fixemos este día 3 de decembro. Ademais da proxección da curtametraxe "Cuerdas", puidemos experimentar con recursos moi útiles para as persoas con discapacidade como poden ser escribir en braille, aprender linguaxe de signos ou manexar unha tableta unicamente coa cabeza, poñéndonos na pel do día a día destas persoas.

Grazas por participar!




mércores, 2 de decembro de 2020

INDAGAMOS SOBRE A DISCAPACIDADE

Como complemento á sesión de obradoiros e visionado de mañá, desde a biblioteca queremos mostrarvos esta pequena selección de recursos para darlle visibilidade ás persoas con discapacidade. Ademais, ata o final da semana proxectaremos varias curtas durante o primeiro recreo. Disfrutádeos!


día internacional das persoas con discapacidade de Biblioteca CPIP Antonio Orza Couto

martes, 1 de decembro de 2020

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 





Este xoves día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Desde a biblioteca queremos convidarvos a celebrar este día con nós participando nas actividades que temos preparadas. So tedes que pasar pola biblio durante os dous recreos.

No primeiro recreo poderedes asistir á proxección da curtametraxe "Cuerdas" e durante o segundo recreo haberá un pequeno obradoiro da diversidade.

Anímate e pasa pola biblio!



 

CELEBRACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

Como xa sabedes, o pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Despois de preparar o tema nas clases, o mércores celebramos un pequeno acto no que manifestamos todxs xuntxs a nosa repulsa ante esta lacra da nosa sociedade cunha lectura de lemas, un poema escrito para a ocasión e a formación dun lazo. 

Aquí podedes ver un pequeno resumo: