Chega
a Galicia
o Pergamiño Vindel
The
Morgan Library & Museum de Nueva York, cedeulle á Universidade
de Vigo o Pergamiño
Vindel,
un manuscrito escrito a catro columnas en tinta negra, vermella e
azul que contén as sete cantigas
de amigo
de Martín
Códax,
o trobador da ría de Vigo.
Este
texto da literatura medieval galego-portuguesa estará exposto no
Museo do Mar de Galicia durante cinco meses.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiB0evSqB4dtVnoGtFCg90bFGUA4Qb_Mtuk6RgAS6uyqddbMXigZiOGekazhewJPNxT5s2hQ2Db9vMKu7c8iFlZOhU5Eqq4PTTqs-LZWzYaCT9pR8O1_858MvVaZXH5L26wYo41DBkZSRI/s200/xvK44yJ4.jpg)
O
seu nome débese ao libreiro Pedro Vindel (1865-1921) que o atopou
fortuitamente en 1914 mentres desmontaba as gardas dun exemplar do
texto De officiis de Cicerón, un volume do século XIV coa
encadernación do século XVIII, é dicir, facía de forro !
Cantiga de amigo de Martín Códax