POEMA-BANDO
A
partir do poema de Manuel María, Bando,
tomamos a licencia de facer algo semellante no colexio. Cada aula
tiña un modelo do orixinal e, a partir del, tratábase de crear o
propio bando en cada grupo de alumnos dende Infantil A ata 6º de EP
para logo expoñelo nun atril á entrada do cole e que todos tiveran
a oportunidade de lelos e recrearse na creatividade e imaxinación
dos compañeiros.
Aquí vos deixamos unhas mostras dos poemas dos nosos pequenos.
BANDO 1º
Prohíbese
por orde da clase de 1º,
que
saian as flores na primavera.
Dende
agora os paxaros deixarán de voar
e
soamente poderán ir en bicicleta.
Prohíbese
comer torta nos aniversarios.
Pagarán
máis impostos as perosas
que
no seu nome leven vogáis.
Prohíbese
poñer sinais nas calzadas.
Pódese
rir soamente nos exames.
Está
fora de Lei cantar na ducha.
Dase
este bando en tal e cual
pra
que se cumpra
de
orde do Alcalde.
Firmado
e rubricado.
BANDO de 2º A
Prohíbese
por orde dos nenos e nenas de 2ºA
levar
deberes para a casa e
ter
o pupitre recollido e ordenado.
Piden
que utilice e aprenda as táboas o carpinteiro,
que
aprobemos o curso sen facer exames.
Prohibido
comprar, reutilizaremos todo.
Por
suposto, queda prohibido o diñeiro
pagaremos
todo coas palabras “por favor” e “grazas”.
Prohibido
portarse ben,
para
que está o semáforo vermello?
Dase
este bando en maio de 2016
para
que se cumpra
de
orde de 2º.
Firmado
e rubricado.
Os
alumnos e alumnas de 2º de E.P.
BANDO
DE 2º B
Prohíbese,
por orde dos nenos de 2º B
Non
pegar para non lastimar.
Dende
agora, para a aprender e mellorar
Tampouco
replicar para non cansar.
Con
amor e sen torpeza
Imos
coidar a natureza.
Para
disfrutar, o mundo queremos coidar.
Obrigamos
a soñar para non pásalo mal.
Repartimos
bicos e abrazos todo o ano
e
nin cansamos nin fai daño.
BANDO DE 3º DE Primaria
Prohíbese por orde dos nenos e
nenas de 4º
de Primaria:
Que
os alumnos e alumnas vaian ao colexio a partir dos 10 anos.
Piden
que non se fagan exercicios,
nin
se traian mochilas nas costas.
Prohibido
asistir ás clases dentro das aulas,
para
que temos patio de recreo?
As
aulas servirán a partir de hoxe
para
pintar ou durmir.
Por
suposto, queda prohibido ler e estudar.
Tamén
escribir, debuxar ou calquera actividade
que
precise goma e lapis.
Acabouse
non ir de excursión
todas
as semanas,
ou
facer educación física poucas horas
á
semana.
Os
luns queda terminantemente prohibido vir .
Prohibido
vir en autobús,
teremos
que camiñar.
Dende
hoxe os paxaros
non
poderán usar as súas ás para voar
terán
que ir en avión ou helicóptero.
Prohibido
Non
se poderán vivir coa familia
nin
os peixes nadar no río sen licencia.
Prohibidísimo
que os pais nos manden
comer
verdura e froita, pero sobre todo,
que
as nubes non saian no verán.
Prohibido
usar pantalón longo,
gomas
do pelo e moito menos
cazadora!
Está
fóra da lei facer calquera deporte
e
usar a imaxinación,
rir
das cousas graciosas
e
facer amigos.
Prohibido
as estrelas no ceo
e
bailar.
Prohibido
durmir, ese tempo é
para
xogar.
Prohíbese
ter mozo ou moza.
Os
reloxos non poderán marcar a hora,
así
que terán que marchar a outro planeta.
Prohibido
falar en galego, en castelán e inglés,
vamos,
que non fales!
Non
se permite plantar máis árbores,
nin
ningunha flor por bonita que sexa.
Só
poderán traballar os nenos e nenas de 0 a 3 anos,
así
que haberá que mirar que se fai.
O
sol é un pesado que non nos deixa durmir,
prohibímoslle
que saia e
pensarémonos
se o temos que eliminar.
Nin
de broma se poderán ter animais en casa
nin
chamarse Xosé ou Uxía .
Dáse
este bando en maio de 2016
para
que se cumpra
de
orde de 4º.
Firmado
e rubricado.
Os
alumnos e alumnas de 4º de EP