Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

mércores, 24 de xaneiro de 2018

O PENSAMENTO NO HUMANISMO E NA ILUSTRACIÓN

            O Departamento de Xeografía e Historia participou no lema deste ano de PLAMBE : "Aprender a pensar desde a Biblioteca Escolar". 
           O alumnado desta materia de 3º de ESO  realizou un traballo de investigación sobre pensadores e pensadoras do  Humanismo e o de 4º de ESO sobre pensadores e pensadoras da  Ilustración en Galicia e en Europa. 
        Nesta exposición pódese descubrir a maneira de PENSAR  de persoeiros tan relevantes como Maquiavelo, Erasmo de Rotterdam, Luisa Sigea de Velasco, Olimpia Fulvia Morata, Rousseau, Adam Smith, Pai Sarmiento, Pai Cernadas de Castro...
          Os traballos foron expostos posteriormente nos corredores do Centro para toda a Comunidade Educativa e aquí tedes unha mostra nun mosaico de imaxes.

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Clube de lectura



  O Equipo de Dinamización da Biblioteca ten unha boa nova: o inicio do noso CLUBE DE LECTURA !
           
                Será un espazo que nos permitirá abrir as portas a un mundo novo, un espazo de liberdade no que compartir opinións, inquietudes, intereses e experiencias, un espazo para compartir emocións e sentimentos, ademais  de activar o espírito crítico...
                  Axudaranos a REFLEXIONAR E PENSAR !!!  


              Os membros do clube son mozos de 1º e 2º de ESO que se reunirán os xoves na sala de lectura "Carlos Casares" para descubrir e compartir o mundo agochado nos libros.
                A nosa primeira proposta lectora ten moito que ver co lema deste ano das Bibliotecas Escolares :
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" .