Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

domingo, 29 de abril de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018


       

      O 17 de maio homenaxeamos a figura de María Victoria Moreno, unha estremeña que optou por Galicia e a súa lingua.
            
        Ofrecémosvos nesta ligazón material diverso sobre  esta muller que dedicou a súa vida á docencia e á escrita. Con esta proposta da Real Academia Galega podedes achegarvos á súa vida, á súa profesión e ao seu pensamento. 
                         Primavera das Letras 
              


venres, 20 de abril de 2018

A LER ...

    



      O noso clube comeza outra aventura lectora. Agora eliximos Wonder, la lección de August. 

   Adentrarémonos nas vivencias de August, un neno de 10 anos que naceu co síndrome de Treacher Collins. 

A CONCURSAR !!!


                O Equipo de Dinamización inicia a finais de abril o concurso   Investigamos e xogamos .

           Os Departamentos Didácticos aportaron frases célebres de persoeiros de diferentes áreas do coñecemento : Historia, Filosofía, Literatura, Arte... e todas elas versan sobre o lema "Pensar desde a Biblioteca Escolar ".

       Nos corredores e escaleiras do Centro haberá distribuídos 22 paneis que conteñen  as palabras das frases, pero desordenadas; o alumnado debe organizar correctamente a frase, averiguar o nome do autor ou autora e a área do coñecemento na que destacou.
         

  Na busca dos datos poden navegar na Rede ou utilizar os fondos bibliográficos da nosa Biblioteca. 

 


              Os gañadores recibirán o premio durante a Semana Cultural o día 18 de maio.







xoves, 5 de abril de 2018

INVENTIGANDO...


   
 
O alumnado de Cultura Clásica de 3º de ESO tamén se sumou ao lema deste ano de PLAMBE: “ Aprender a pensar desde a Biblioteca Escolar”.



Nesta ocasión, o alumnado realizou unha investigación sobre os inicios do pensamento racional e da filosofía, o nacemento da ciencia (matemáticas, física e astronomía) e da medicina, os comezos da educación nun sistema regrado, a aparición do teatro como xénero lúdico e educativo e os primeiros enxeños e inventos.


Os resultados destas investigacións plasmáronse nuns pósters explicativos que se expuxeron nos corredores máis próximos á Biblioteca e que os propios alumnos se encargaron de presentar aos compañeiros durante as horas de clase da semana.


                   
EXPOSICIÓN NOS CORREDORES