Para axudarvos a pasar mellor esta corentena, desde a biblioteca queremos mostrarvos algúns lugares onde podedes conseguir novas lecturas sen ter que saír da casa.
Comezamos!
En primeiro lugar, a revista Papagaio mándanos a súa edición en pdf para que poidades seguir disfrutando dela. Podédela consultar nesta ligazón.
Galicia Le. A plataforma de préstamos de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas dános a opción de rexistrarnos e poñernos a ler:
https://www.galiciale.gal/
Weeblebooks. Esta editorial ten dispoñibles libros, audiolibros e contos infantís e xuvenís na seguinte ligazón: https://weeblebooks.com/es/home/
Libros en pdf. Na seguinte ligazón atoparedes unha gran selección de libros para ler en pdf: https://www.formarse.com.ar/sitio/2019/06/28/los-mejores-201-libros-en-pdf-para-descargar-gratis/
Cómic. Nesta ligazón poderedes descargar gratis en pdf Los caballeros de la orden de Toledo, de Javierre e Juanfran Cabrera.Tamén poderedes acceder a outros cómics distintos pinchando aquí.
Libros e contos infantís. Na seguinte ligazón atoparedes libros e contos para os pequenos. https://elestudiantedigital.com/libros-en-pdf-para-ninos/
Libros electrónicos. Na páxina de Casa del Libro podedes acceder de forma gratuíta a todo tipo de libros para ler nesta corentena; iso si tedes que crear un perfil e descargar o libro.
A Biblioteca Virtual Galega ofrece unha selección de obras en galego de todo tipo; iso si, algunhas están completas e noutros casos podedes acceder a unha selección da obra en cuestión.
De momento nada máis, pero iremos aumentando os recursos segundo vaiamos descubrindo.
Disfrutádeos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario