Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta BANDA DESEÑADA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BANDA DESEÑADA. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de abril de 2024

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA CON ALEXANDRE SENANDE

Este mércores contamos no CPIP Antonio Orza Couto coa visita do ilustrador Alexandre Senande que veu darlle un obradoiro de Banda Deseñada ao alumnado de 1º ESO. O ilustrador de Sentinelas da lúa carmesí, xa coñecido polas alumnas do noso Club de Lectura, compartiu algunhas das súas técnicas co alumnado de 1ºESO nunha sesión práctica na que estiveron traballando e desfrutando a un tempo e que deu lugar a resultados moi satisfactorios. 

​Parabéns a Alexandre e ao noso alumnado pola súa implicación recíproca na actividade. Parece que hai canteira da ilustración no Orza Couto!


luns, 18 de marzo de 2024

ESTE ANO CELEBRAMOS POR PRIMEIRA VEZ O DÍA DO CÓMIC!


O 17 de marzo, Día do Cómic, é unha data especialmente importante para nós, xa que coincide co lema das Bibliotecas Escolares "Unha Biblioteca Escolar en Viñetas".


Dende a biblioteca, organizamos unha exposición de cómics dos nosos fondos (principalmente novas adquisicións) nos idiomas galego, castelán, francés e inglés.


Convidamos o alumnado a visitar a exposición e animarse a levar un cómic para ler nas vacacións da Semana Santa.


 



luns, 4 de marzo de 2024

CLUB DE LECTURA ALUMNADO 2ESO

 Xuntanza co alumnado do club de lectura de 2ESO para comentar a lectura Sentinelas da lúa carmesí, unha lectura de banda deseñada de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande, publicada pola editorial Galaxia e que encheu ás nosas alumnas curiosidades e fantasías.


A vindeira lectura... unha nova banda deseñada, neste caso dun clásico que nos toca moi de preto, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, agora en versión ilustrada de Iria Aldegunde e editada por Galaxia.
 

venres, 25 de marzo de 2022

VIAXAMOS COA BANDA DESEÑADA

 Recibimos a maleta viaxeira de banda deseñada. Voluntarias da biblioteca estiveron colocando todos os exemplares para que os poidades mirar con calma e desfrutar.

Lembrade que só estará con nós ata o 19 de abril, así que apurade a levar as vosas eleccións!