Este mércores contamos no CPIP Antonio Orza Couto coa visita do ilustrador Alexandre Senande que veu darlle un obradoiro de Banda Deseñada ao alumnado de 1º ESO. O ilustrador de Sentinelas da lúa carmesí, xa coñecido polas alumnas do noso Club de Lectura, compartiu algunhas das súas técnicas co alumnado de 1ºESO nunha sesión práctica na que estiveron traballando e desfrutando a un tempo e que deu lugar a resultados moi satisfactorios.
Parabéns a Alexandre e ao noso alumnado pola súa implicación recíproca na actividade. Parece que hai canteira da ilustración no Orza Couto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario