Este mércores contamos no CPIP Antonio Orza Couto coa visita do ilustrador Alexandre Senande que veu darlle un obradoiro de Banda Deseñada ao alumnado de 1º ESO. O ilustrador de Sentinelas da lúa carmesí, xa coñecido polas alumnas do noso Club de Lectura, compartiu algunhas das súas técnicas co alumnado de 1ºESO nunha sesión práctica na que estiveron traballando e desfrutando a un tempo e que deu lugar a resultados moi satisfactorios.
Parabéns a Alexandre e ao noso alumnado pola súa implicación recíproca na actividade. Parece que hai canteira da ilustración no Orza Couto!Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
mércores, 17 de abril de 2024
luns, 4 de marzo de 2024
ROSALIADA - celebración do DÍA DE ROSALÍA
O venres 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro cun acto no que participaron os diferentes grupos da ESO e que se desenvolveu nas dúas últimas sesións do día no salón de actos.
O alumnado de 1º e 2º ESO fixo caligramas cos textos de Rosalía nas clases de diferentes materias e titorías, presentaron o acto e mesmo fixeron a lectura do poema "o cravo".
O alumnado de 4ESO interpretou ao piano e frauta o poema Negra sombra e cantaron e bailaron a ritmo de pandeiretas "Cantan os galos pr'o día".
Parabéns ao alumnado e profesorado do noso centro implicado na celebración deste día tan importante para a cultura e identidade galegas.
sábado, 17 de febreiro de 2024
DÍA MUNDIAL DA LECTURA EN VOZ ALTA
Con motivo da celebración o 7 de febreiro do Día Mundial da Lectura en voz alta, o alumnado de 3ESO de Plástica, achegouse ás aulas de 5º e 6º de Infantil para facerlles lecturas, proposta que partiu do equipo de coordinación da Biblioteca.
Parabéns á profesora Rebeca e ao alumnado por participar nesta actividade de colaboración entre os grupos de EI e ESO e que pon á lectura como eixe de unión.
martes, 30 de xaneiro de 2024
ACTIVIDADES POLO DÍA DA PAZ
DÍA DA PAZ NO CPIP ANTONIO ORZA COUTO
Dende o equipo da Biblioteca Xosé Neira Vilas propúxemoslle ao profesorado de ESO e ao alumnado participar na elaboración de abecedarios da paz nas diferentes linguas que temos no centro e que penduramos polo corredor.
venres, 22 de decembro de 2023
O FIN DO ANO CHEGOU
Por iniciativa da Coordinación da Biblioteca, coa colaboración dos departamentos de Plástica e Lingua Galega e Literatura, o alumnado secundaria do CPIP Antonio Orza Couto participou elaborando viñetas ou postais con temática e mensaxes relacionadas con estas datas de finais de ano.
















