Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Amosando publicacións coa etiqueta INVESTIGAMOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INVESTIGAMOS. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de marzo de 2022

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 


O 8 de marzo é unha data sinalada para visualizar a desigualdade de xénero que, por desgraza, aínda existe na actualidade. Tamén é unha boa ocasión para reivindicar a loita pola igualdade efectiva de dereitos para as mulleres en tódolos ámbitos.

Os equipos de dinamización do noso centro súmanse a esta reivindicación organizando diversas actividades que permitan concienciar ao noso alumnado sobre este tema.

Durante esta semana quixemos visibilizar a mulleres que destacaron ou destacan en todo tipo de ámbitos organizando un concurso-investigación sobre elas.


O concurso consiste en ler as descricións que hai colgadas diante da biblioteca de Secundaria e intertar unilas coas imaxes e os nomes que hai polos corredores para descubrir a muller relevante que se agocha tras cada descrición.





Só hai que pedir a plantilla na biblioteca, cubrila e entregala á persoa que estea de garda na biblioteca. Aquí podedes ver ao noso alumnado en acción:








En breve desvelaremos o resultado do concurso. Noraboa a tod@s @s participantes!


martes, 22 de febreiro de 2022

LOITANDO CONTRA A VIOLENCIA

 O prometido é débeda, e o alumnado de 2º xa rematou os seus "Violentovirus", virus compostos por diferentes formas de violencia que existen na nosa sociedade. Como non hai virus sen vacina, crearon tamén unha vacina ou unha cura que podemos usar para poder erradicalos. Poñede as máscaras antes de miralos!





Ademais, co gallo do Día Internacional contra o uso de Nenos Soldado, o alumnado de 1º da ESO fixo unha presentación para concienciarnos desta problemática: