Aquí vos deixamos o poema de MEDO escrito por
Alia onde describe o seu medo ó
DESAMOR.
Teño medo a quedar sen amor. A sentir dor. A mirarte e non ver nada. A chorar por desamor.A sentirme sen palabras. A amarte sen medida. A verte sen alegría. A perderte para sempre. A mirar ao ceo e non ver a nosa estrela. A cantarche con dor. A mirarte con rencor. Teño medo das túas palabras. A vivir sen a túa voz. A sentir algo por outra persoa. A vivir sen saber de ti. A rir sen terte. A ti porque se non te teño morro.A non che poder falar. A perderte por parvadas. A que me mires e non sintas nada. A escoitar unha canción e recordarte. A obsesionarme contigo. A ser feliz sen ti. A amarte sen fin. A verte con outra que non sexa eu. A que sintas algo por ela. A odiarte con pasión. A que ti desafíes a miña ilusión.Alia Otero de 1º de ESO B
Ningún comentario:
Publicar un comentario