24 DE OUTUBRO
DÍA INTERNACIONAL
DA
BIBLIOTECA
A Asociación Española de Amigos
del Libro Infantil y Juvenil ,
apoiada polo Ministerio de Cultura
propón esta data en recordo da destrución
da Biblioteca de Sarajevo,
incendiada o 1992 durante o conflito
dos Balcáns na noite do 25 ó 26 de agosto.
Para conmemorar esta data , transcribimos as palabras do escritor David Otero dedicadas á BIBLIOTECA, lugar máxico !!!
BIBLIOUTUBRO .
BIBLIOUTUBRO .
Velaí
un bibliomés deste biblioano.
Velaí
un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén
bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os
lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da
lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese
modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos
outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de
Cultura(s).
Outubro
celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o
día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que
por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día
vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo,
serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos
soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando
nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico,
que nos define e determina como lectoras e como lectores.
Ler
é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos
engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así
nos peta e dá a gana.
Ler,
libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra
cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de
literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia
(galega pois) e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos
demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.
A
lectura farase alí onde nos sintamos ben.
Buscaranse
os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
Pois
así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e
comprobemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario