Aquí vos ofrecemos unha mostra de películas relacionadas co lema deste ano : AS MATEMÁTICAS .
Seis
persoas, descoñecidas entre si, espértanse unha mañá nun espazo
pechado en forma de cubo.
O cubo está formado por compartimentos cúbicos que forman á súa vez un cubo nai de dimensións xigantescas. Estes habitáculos poden ser de dous tipos: libres ou con trampas, dependendo do numero de serie que posúa. Esas series de números teñen unha relación lóxica que tratan de resolver os ocupantes do cubo.

A moi oscarizada película dirixida por Ang Lee en 2012 ten grandes
resabios místicos, pero quizais o maior deles non se pon
explicitamente de manifesto: o irracional trascendente PI.
A aparición de PI é moi anecdótica pero non por iso deixa de
ser moi interesante: a maxia dun número inagotable poucas veces se
percibe con tanta forza.Grazas a PI o noso protagonista cambia o seu apodo escatolóxico por outro menos burlesco.
Por outra parte, a película é para disfrutar cos efectos visuais en tres dimensións e para descartar a pobre trascendencia mística: para trascendencia de verdade está en PI… e ben definida.
Na
escola, Mattia estudara que entre os números primos (os que só son
divisibles por si mesmos ou pola unidade) hai algúns moi especiais,
aos que os matemáticos chaman números primos xemelgos: son parellas
de números primos que están case xuntos, pois entre eles só se
interpón un número par. Son números como o 11 e o 13, o 17 e o 19,
ou o 41 e o 43. Mattia pensaba que Alice e el eran así, dous curmáns
xemelgos, sós e perdidos, xuntos pero non o bastante para tocarse de
verdade... Adaptación cinematográfica do bestseller internacional
"A soidade dos números primos", de Paolo Giordano.
A película de enredos e
tópicos varios, como corresponde ao xénero, está protagonizada por
unha moza á que lle gustan as matemáticas. Moitas escenas
transcorren durante a clase e será ata a profesora de matemáticas a
que faga de psicóloga para arranxar as cousas cando se
desbocan.
Tamén asistiremos a un dos concursos de problemas con descoidada tradución ao español (ecuación por expresión cando hai que calcular un límite e similares). As imaxes si son máis rigorosas.
Tamén asistiremos a un dos concursos de problemas con descoidada tradución ao español (ecuación por expresión cando hai que calcular un límite e similares). As imaxes si son máis rigorosas.
Tamén pasea por un mundo de "Inventos modernos" e atopa moito máis do que nunca imaxinou... O simpático Donald non pasará de meterse en leas grazas a, entre outros inventos, a empaquetadora automática ou a cadeira para perruqueiros.
Simpática
e colorista comedia musical nos inicios deltechnicolor. Unha trama
inxenua pero efectiva para cine familiar e a deliciosa cor dos
inicios fan moi agradable unha película previsible.
Un profesor dun ríxido internado inglés abandona a aula para ser pallaso e amar á bela acróbata dun circo italiano.
Un profesor dun ríxido internado inglés abandona a aula para ser pallaso e amar á bela acróbata dun circo italiano.
Un director, parece que de gran
prestixio, dá un concerto en EEUU e recibe a noticia da morte da súa
nai. Máis tarde un descoñecido chega cun libro e unha fotografía.
Nese momento prodúcese un flashback que nos transporta á Francia
dos anos 40.
En 1949, Clément Mathieu, profesor de música en paro, empeza a traballar como vixiante nun internado de reeducación de menores. Especialmente represivo, o sistema de educación do director Rachin apenas logra manter a autoridade sobre os alumnos difíciles. O mesmo Mathieu sente unha íntima rebeldía ante os métodos de Rachin e unha mestura de desconcerto e compaixón polos mozos. Nos seus esforzos por achegarse a eles, descobre que a música atrae poderosamente o interese dos alumnos e entrégase á tarefa de familiarizarlos coa maxia do canto, á vez que vai transformando as súas vidas para sempre.

Unha carta en xaponés coa fórmula de Euler na lingua universal das matemáticas.
É un bo momento para
recordar dous momentos matemáticos: a brutal certeza do fundimiento
e os cálculos que o enxeñeiro fai coa axuda da regra de cálculo.
A curiosidade do momento é que o único cambio -salvo a conversión 3D- sexan os correspondentes aos estrelados ceos nocturnos. Cameron atende así a petición dun coidadoso astrónomo: non vale calquera ceo, debe poñerse a imaxe estelar real que se axusta á latitud, hora e data do fundimiento

Unha
mente marabillosa é un drama intensamente humano sobre un auténtico
xenio, inspirado na vida do matemático John Forbes Nash Jr. O
atractivo e altamente excéntrico Nash fixo un descubrimento
asombroso ao comezo da súa carreira e fíxose famoso en todo o
mundo. Pero o seu fulgurante ascenso á estratosfera intelectual
sufriu un drástico cambio de curso cando a brillante mente de Nash
viuse atacada pola esquizofrenia. Enfrontándose a un reto que
destruíse a calquera outro, Nash loitou por recuperarse coa axuda da
súa devota esposa Alicia. Tras varias décadas de penalidades logrou
superar a súa traxedia e recibiu o premio Nobel (de Economía,
recorda que non existe o de Matemáticas) no ano 1994. Hoxe en día
Nash é un lenda viviente que segue entregado ao seu traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario