Anisia Miranda na Costa da Morte»
Neira Vilas traza unha homenaxe á súa compañeira reunindo un feixe de textos nos que recupera a intensa relación que tiñan coa Costa da Morte
03
de noviembre de 2014
En Xosé Neira Vilas vida e literatura
son un mesmo universo. Van aparecendo tomos da súa obra que son
como capítulos, como chantos dun longo camiño, como partes dun
todo. A testemuña foi cobrando un peso fundamental na traxectoria
do escritor nado en 1928 en Vila de Cruces, na parroquia de Gres,
como é o caso das crónicas de América ou a súa memoria da
emigración. É mais, hoxe dificilmente se entende a Galicia
contemporánea, e sobre todo a do exilio, sen a achega de Neira
Vilas. Pero tamén é importante a rica historia persoal do autor de
Memorias dun neno labrego, ou o percorrido polo seu pasado, a
súa nenez, no que leva da man á súa muller, a escritora Anisia
Miranda. Precisamente, no caso que nos ocupa, recén saído do
prelo, a esposa, falecida no 2009, é protagonista. Neira Vilas
traza unha homenaxe á súa querida compañeira reunindo un feixe de
textos nos que recupera a intensa relación coa Costa da Morte que
mantiveron el e a súa dona dende a primeira vez que visitaron a
comarca, en 1981, recén chegados de Cuba. No volume Con Anisia
Miranda na Costa da Morte está o seu amor polas xentes desta terra,
as súas literaturas, a súa paisaxe, a súa historia, os seus
encontros e paseos, as creacións do alemán de Camelle, os oleiros
de Buño, as illas Sisargas, as palilleiras, os faros...
Ningún comentario:
Publicar un comentario