3,2,1 ... Comezamos !!!
O EGOÍSMO
Había unha vez un número,o 24,que quería ocupar o primeiro lugar de todos os números ; ser o xefe ,saír coa súa.
Sempre choraba e se enfadaba e iso influía en que os demais números non querían ser os seus amigos.
Un día, o número 1 díxolle ó número 24 se quería ocupar o primeiro posto, e evidentemente, díxolle que si.
O número 24 non sabía que había que facer, non tiña amigos nin a ninguén que lle aconsellase ou lle axudara.
Ao final o 24 tomou unha decisión , ser bo ! A partir desde momento os demais números fixéronse amigos seus.
“ Non por ser o primeiro ou favorito se é o máis importante.
Ás veces o egoísmo leva a non ter amigos e quedar só.
Todos valgan máis ou menos son igual de importantes “ .
Autora : Lucía Mareque Rey ( 1º ESO A )
Ningún comentario:
Publicar un comentario