La Voz, 12 de noviembre de
2014
Fran P. Lorenzo gaña o Blanco Amor cunha saga familiar centrada en Vigo
«Cabalos e lobos» é a primeira obra dun xornalista de longa traxectoria no eido da cultura
Cabalos e
lobos é a obra coa que o xornalista Fran P. Lorenzo (Vigo, 1973)
vén de gañar o premio Blanco Amor de novela, fallado onte en
Redondela. Trátase dunha saga arredor dunha familia alemá que se
instala en Vigo despois da Primeira Guerra Mundial, cuxos segredos
vai pescudando e revelando unha narradora á procura das súas
orixes. Segundo Lorenzo, a novela desenvólvese en tres planos
diferentes: «A historia europea do século, a da familia e a da
propia cidade, que aínda que soe a tópico, é certo que asume un
papel protagonista. Todo isto conflúe nun único relato».
Cabalos e
lobos é a primeira novela de Lorenzo, un xornalista de longa
traxectoria no eido da culu para asegurala. «Ese desinterese é un
síntoma da precarización extrema que vivimos, non só na cultura.
Sería unha mágoa que se perdese», concluíu Lorenzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario