Santiago Cortegoso gaña o Álvaro Cunqueiro coa obra «Raclette»
O premio Manuel María de literatura dramática infantil foi para Antón Cortizas con «Xogando con gatos
Santiago 10 de noviembre de 2014
O director
teatral e dramaturgo Roberto Salgueiro foi o encargado de dar a
coñecer os nomes dos catro gañadores dos premios de literatura
dramática da Agadic. Santiago Cortegoso, coa obra «Raclette»,
gañou a edición número XXII do Álvaro Cunqueiro, o galardón máis
lonxevo do seu ámbito en Galicia e un dos referentes da dramaturxia
escrita en galego. O premio Manuel María de literatura infantil
dramática foi para Antón Cortizas por «Xogando con gatos»,
mentres que o Barriga Verde para textos de teatro de monicreques
recaeu en Andrea Bayer, coa peza «O lobo e a lúa» na categoría de
rapaces; e para «Ela, piedade dos suicidas», de Xavier Lama, en
modalidade de adultos.
Estes recoñecementos, cunha
dotación económica de seis mil euros para cada unha, pretenden
incentivar a escrita teatral en Galicia «como xeito de enriquecer os
escenarios con montaxes producidas a partir de propostas textuais
galegas, orixinais e contemporáneas», explicou o director da
Agadic, Jacobo Sutil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario