Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Premios da Cultura


Neira Vilas, o PEN e a Galería Trinta, Premios da Cultura

Agapi, Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira, David Mackenzie e Marcelo Macías, galardoados

 

O escritor Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, o actor Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), o profesor David Mackenzie, o Grupo Marcelo Macías e o Centro PEN Galicia son os galardoados deste ano cos Premios da Cultura Galega, que constitúen un recoñecemento colectivo á traxectoria e á calidade do traballo de persoas e entidades a prol do desenvolvemento cultural.
Conformado por representantes das principais institucións culturais e profesionais independentes, baixo a presidencia do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o xurado dos premios reuniuse onte na Cidade da Cultura para determinar, entre un total de preto de 40 candidaturas, os galardóns das oito modalidades que conforman os premios: Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Patrimonio Cultural, Proxección Exterior, Música, Audiovisual e Lingua.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario