Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Premio Ramón Piñeiro Facer País


Premio literario

Marica Campo recibe o Ramón Piñeiro Facer País

O xurado recoñece “a actitude comprometida” dunha obra que “contribúe a enriquecer a lingua e a literatura galegas”

 

A escritora e ensaísta Marica Campo foi escollida polo xurado premio Ramón Piñeiro Facer País, que convoca a Asociación Cultural Val de Láncara, en colaboración con outros colectivos da bisbarra.

O xurado, integrado por representantes de once colectivos culturais, destacou na súa escolla o labor da premiada en ámbitos como o ensino, a dignificación da lingua, a súa participación en entidades culturais e o seu traballo literario na poesía, a narrativa ou a creación de letras para pezas musicais de grupos como Fuxan os Ventos.

Tamén subliñou o traballo de campo na loita pola igualdade das mulleres e a actitude comprometida no avance social.

Na acta, os membros do xurado subliñan que “a actitude comprometida de Marica Campo e a súa obra contribúen a enriquecer a lingua e a literatura galegas como expresión dos mellores valores do pobo galego”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario