O luns 10 de xuño visitou a biblioteca Xosé Neira Vilas do noso centro Nee Barros, autor do libro Identidade que esta avaliación leu o alumnado de 3ª ESO na materia de Lingua Galega e Literatura. Nee falou co alumnado sobre o seu libro e explicou tamén algúns conceptos ligados á identidade de xénero dunha maneira amena e próxima, e cunha interacción continua co alumnado.
Agradecemos a Nee a visita, a charla e a súa contribución a un ensino público de calidade baseado no respecto e a igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario