Celebramos o Día das Letras Galegas con moitas actividades e, como non podía ser doutra maneira, a Biblioteca tamén estivo presente, colaborando na organización de eventos e propostas.
En colaboración cos departamentos de Lingua Galega e Plástica organizamos a exposición no corredor da planta baixa do edificio de Secundaria. Aínda se pode apreciar os acrósticos e bandas deseñadas.
Nos corredores da segunda planta de Secundaria e no edificio da E. Primaria tamén houbo unha exposición sobre a autora homenaxeada, Luísa Villalta. No salón de actos, decorado con un precioso panel realizado por Yanet e palabras galegas ilustradas polo alumando, puidemos escoitar a ilustradora IRIA ALDEGUNDE, que veunos a falar da súa adaptación o cómic de MEMORIAS DUN NENO LABREGO. Finalmente entregáronse os premios do X Certame literario q leva o nome do escritor X. NEIRA VILAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario