Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

venres, 25 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS NO NOSO CENTRO

 A IX Edición do Día das Escritoras celébrase este ano  o 14 de outubro baixo o lema " A periferia da periferia: Mulleres que miraron ao mundo rural".

"Por iso o próximo 14 de outubro acordarémonos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espiña, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin. Pero tamén das que non puideron selo. Pois elas e non outras son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia á que, en xeral, miramos pouco e mal".

Ana Iris Simón, comisaria da IX Edición do Día das Escritoras 2024

A biblioteca do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto participou deste día con diversas actividades nas que foron determinantes as colaboracións do noso equipo de docentes.

Dende as titorías de infantil e primaria, e a materia de inglés, traballáranse, con cada grupo, as distintas autoras falando da súa biografía e lendo algún dos seus textos:

 “Daniela Pirata” e “El Emocionómetro del Inspector Drilo” de Susanna Isern  e “Curriño. O can influencer” de  Ledícia Costas foron os protagonistas en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil 

En Educación Primaria, os grupos de 1º A e B gozaran con “Paco”, de Paula Carballeira e “A troglodita” de  Paula Merlán 

Gloria Fuertes co seu “Por parejas” emparellouse co 2º mentres no 3º Mª Elena Walsh deu a volta na cabeza do alumnado con  “El Reino del revés”

O 4º  andaron detrás dos gatiños con  Fina Casalderrey e o seu “O misterio dos fillos da lúa”

María Canosa con “Muriel. Caos en el laboratorio lácteo”  e Marilar Aleixandre con “Robinson contado polas alimarias” foran as autoras escollidas para 5º e 6º, que tamén, como non, traballaron cos  libros de “Harry Potter” de J. K. Rowling.

O resultado do traballo quedou plasmado nun belísimo mural no que implicouse todo o alumnado. 


Podes ver os detalles picando na ligazón:

Día das Escritoras en Infantil e Primaria

https://drive.google.com/drive/folders/1lk08u1oCxhUPujZ1krHIFm3AQUxNaxc2?usp=sharing


A Educación Secundaria viuse inmersa nun proxecto denominado “Quitando o sombreiro ás Sinsombreo”. Un traballo interdisciplinario que tivo como fío condutor “Las Sinsombrero”, tratando de combater a discriminación histórica, reivindicando o labor e o legado literario das mulleres, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia. 

Varios departamentos se implicaron e, ademais de unha guía didáctica que está sendo organizada pola profesora Loaira,  puidemos ver dramatizacións, performances e traballos artísticos.

Na colaxe podedes ter unha idea de como foi a semana e se queredes ver os detalles picade na ligazón 

Día das Escritoras en Secundaria

https://photos.app.goo.gl/N3kdaDj7Qx7mbtyj9



Na materia de Lingua Galega e Literatura traballamos con diálogos creados entre compoñentes da Xeración do 27, centrados na figura e significado das Sinsombrero a través das conversas e da palabra de (diálogo1) Margarita Gil, Rosa Chacel, Dalí e Alberti; (diálogo2) Ernestina de Chapourcín, Luís Cernuda, Rafael Alberti e Vicente Aleixandre; (diálogo3) Maruja Mallo, Lorca e Pilar Salcedo.

    

                







domingo, 13 de outubro de 2024

BOAS VINDAS!

 Como cada novo curso, recibimos a visita do alumnado de 1º da ESO!



Nun ambiente distendido e de moita participación, recibiron a formación de novos usuarios e xa saíron cos seus carnés de socios. Agardamos que este sexa un espazo de referencia, aproveitamento e goce para os e as recen chegadas á ESO.

xoves, 26 de setembro de 2024

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

 


Os 46 estados membros do Consello de Europa animan a máis de 700 millóns de europeos e europeas a aprenderen máis linguas a calquera idade, dentro e fóra da escola. Convencido de que a diversidade lingüística é unha ferramentapara lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo en toda Europa.
Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día europeo das Linguas vense celebrando, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano.

Aproveitemos para celebrar o galego, a nosa lingua, e valorar o noso patrimonio.



venres, 20 de setembro de 2024

CHUS PATO PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2024

 A calidade da produción poética galega acada un ano máis o Premio Nacional de Poesía 2024, nesta ocasión para Chus Pato.

  


O xurado considera a súa obra Sonora como "experimental, unha expansiva e concentrada conversación entre o poema e a morte, aquela que, trala orfandadeda nai, arrastra os lectores cara aos abismos da propia linaxe" e di do poemario que "crea espazos textuais ateigados de fugas: retóricas, semánticas, capaces de hibridar distintos códigos nos que se desprega toda a súa inextinguible potencia sonora".






BEA LEMA PREMIO NACIONAL DO CÓMIC 2024

 A ilustradora e autora de cómic Bea Lema Rivera, nada na Coruña en 1985, foi galardoada co Premio Nacional do Cómic 2024.

O xurado destacou O corpo de Cristo por ser "unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que trascenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética".


xoves, 27 de xuño de 2024

REUNIÓN DOS GRUPOS DE CLUB DE LECTURA MARAVEXÁS

 Os grupos de alumnado do Club de Lectura Maravexás do CPIP Antonio Orza Couto reuníronse por última vez este curso para intercambiar impresións sobre os libros que lles tocou ler: Golpes de luz, de Ledicia Costas; Campus Morte, de Lito Vila; e a edición ilustrada por Iria Aldegunde de Memorias dun neno labrego. Dos encontros saíron interesantes comentarios arredor das tramas, pero tamén sobre os procesos de escrita dos nosos autores e autoras.

A sesión rematou cunha entrega de pequenos agasallos pola súa participación e implicación neste programa, así como na vida da nosa Biblioteca.

 Parabéns ao noso alumnado pola intensidade coa que participaron neste proceso lector!