A IX Edición do Día das Escritoras celébrase este ano o 14 de outubro baixo o lema " A periferia da periferia: Mulleres que miraron ao mundo rural".
"Por iso o próximo 14 de outubro acordarémonos de
marabillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espiña, Santa Teresa,
Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María
Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin. Pero tamén das que non
puideron selo. Pois elas e non outras son as que mantiveron e manteñen vivo ese
mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia á que, en xeral, miramos
pouco e mal".
Ana Iris Simón, comisaria da IX Edición do Día das
Escritoras 2024
A biblioteca do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto participou deste día con diversas actividades nas que foron determinantes as colaboracións do noso equipo de docentes.
Dende as titorías de infantil e primaria, e a materia de inglés, traballáranse, con cada grupo, as distintas autoras falando da súa biografía e lendo algún dos seus textos:
“Daniela Pirata” e “El Emocionómetro del Inspector Drilo” de Susanna Isern e “Curriño. O can influencer” de Ledícia Costas foron os protagonistas en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil
En Educación Primaria, os grupos de 1º A e B gozaran con “Paco”, de Paula Carballeira e “A troglodita” de Paula Merlán
Gloria Fuertes co seu “Por parejas” emparellouse co 2º mentres no 3º Mª Elena Walsh deu a volta na cabeza do alumnado con “El Reino del revés”
O 4º andaron detrás dos gatiños con Fina Casalderrey e o seu “O misterio dos fillos da lúa”
María Canosa con “Muriel. Caos en el laboratorio lácteo” e Marilar Aleixandre con “Robinson contado polas alimarias” foran as autoras escollidas para 5º e 6º, que tamén, como non, traballaron cos libros de “Harry Potter” de J. K. Rowling.
O resultado do traballo quedou plasmado nun belísimo mural no que implicouse todo o alumnado.
Podes ver os detalles picando na ligazón:
Día das Escritoras en Infantil e Primaria
https://drive.google.com/drive/folders/1lk08u1oCxhUPujZ1krHIFm3AQUxNaxc2?usp=sharing
A Educación Secundaria viuse inmersa nun proxecto denominado “Quitando o sombreiro ás Sinsombreo”. Un traballo interdisciplinario que tivo como fío condutor “Las Sinsombrero”, tratando de combater a discriminación histórica, reivindicando o labor e o legado literario das mulleres, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia.
Varios departamentos se implicaron e, ademais de unha guía didáctica que está sendo organizada pola profesora Loaira, puidemos ver dramatizacións, performances e traballos artísticos.
Na colaxe podedes ter unha idea de como foi a semana e se queredes ver os detalles picade na ligazón
Día das Escritoras en Secundaria
https://photos.app.goo.gl/N3kdaDj7Qx7mbtyj9
Ningún comentario:
Publicar un comentario