Abriuse tamén outro libro, o libro da vida e aos mortos xulgáronos
polo escrito nos libros, conforme as súas obras. (Apocalipse, 20,10)
Este luns tivo lugar a reunión do Club de Lectura Maravexás de 3º ESO para comentar a obra Comedia bífida de Manuel Núñez Singala. Un texto dun contido profundo e crítico dende a ironía e a comedia, cunha mensaxe clara de defensa da nosa lingua que segue vixente despois de tantos anos e que vimos necesario recuperar para comentarmos desde a actualidade.
Agardámosvos na vindeira lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario