“EU SON…
Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque
da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa…”
O 5 de xaneiro de 1961 publicábase en Bos Aires Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Queremos lembrar este día por ser no que se publicou unha das obras máis importantes da literatura galega e por ser dun autor tan próximo ao noso centro e a todos os nosos nenos e nenas, quen ademais dá nome á nosa biblioteca.
Agardamos que Balbino siga a ser exemplo para toda esta rapazada, para todos nós.
*Imaxe de Isaac Díaz Pardo para a publicación en Edicións do Castro (1968)
Ningún comentario:
Publicar un comentario