Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

venres, 15 de maio de 2020

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS!

Como sabedes nun días celebrarase o Día das Letras Galegas e desde a Biblioteca queremos achegarvos á figura do homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero, propoñéndovos un montón de actividades.

Para introducirvos nesta figura podedes ver este tráiler sobre o autor:



Visitar esta páxina con información sobre o autor e actividades ou consultar a súa biografía. E os máis pequenos poden coñecer a súa figura a través dos Bolechas.

Unha vez que temos claros moitos datos sobre a súa vida e a súa obra, propoñémosvos que elaboredes un cartel ou un marcapáxinas no que veña unha imaxe relacionada co autor ou coa súa obra (imaxes do autor, caricaturas, portadas dos libros, imaxes que teñan que ver con algunha das súas obras...) cunha frase ao pe relacionada coa imaxe que escollades.
Tanto o cartel coma o marcapáxinas pode estar elaborado en formato dixital (con algunha aplicación como "Canva" ou outras semellantes) ou en papel con calquera técnica, sede creativ@s!

Cando o rematedes só tedes que enviar o arquivo dixital ou unha fotografía ao correo da biblioteca: bibliotecaforte@gmail.com.

Calquera membro da comunidade educativa pode facer a súa aportación. Animádevos, tedes ata o venres 22 de maio!


Tamén vos deixamos estas actividades para pasar o tempo ou facelas en familia:


Se a música é o voso, tamén podedes disfrutar destes temas, tedes un pouco de todo: 

Poemas:



O día 17 de maio podedes unirvos á proposta do Equipo de Dinamización da Lingua e saír a cantar o tema de Uxía "A fala" ás 13h:




ou o conto musicado As pitas baixo a choiva.

E por que non propoñervos algún concurso?

Nestas ligazóns poderedes acceder ás convocatorias de varios concursos sobre Carvalho Calero e as Letras Galegas con premios suculentos, que igual vos animan a participar...

Concurso de microrrelatos para maiores de 13 anos.
Certame infantil de Artes Plásticas (nen@s de 3 a 12 anos).
Concurso literario de relato breve para nen@s de entre 7 e 12 anos.

E por último, se o que preferides é participar a través das redes sociais, temos dúas opcións para vós:

  • Unha lectura colectiva a través das redes da obra "Scórpio" de Carvalho Calero, o 16 de maio. Neste vídeo podedes ver unhas claves para ler a súa obra correctamente, así como anotarvos á lectura.
  • Unirvos á convocatoria da plataforma Queremos Galego e manifestarvos nas redes en prol do galego o 17 de maio ás 12h con mensaxes escritas, vídeos, fotografías, audios... utilizando as etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #17demaio #Eufalogalego

Como vedes hai propostas para todos os gustos, só resta animarse a participar!

Bo Día das Letras Galegas!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario