Eu, para ti, quería unha pirámide.
A poeta galega Míriam Ferradáns visitará o CPIP Antonio Orza couto
o vindeiro 9 de novembro a través do programa “Encuentros
Literarios” solicitado polo Departamento de Lingua Galega e
Literatura do CPIP Antonio Orza Couto en colaboración coa Biblioteca
Xosé Neira Vilas do noso centro. Este programa está organizado polo
Ministerio de Cultura y Deporte e pola Dirección General del Libro,
del Cómic y de la Lectura.
A poeta bueuesa, concretamente da parroquia de Bon, en Beluso, conta
cunha intensa actividade poética, tanto na publicación de libros
como Nomes de fume (traducida ao catalán e castelán),
Habitar unha casa ou Agosto, que recibiron diversos
premios literarios, como na doutros textos soltos, charlas,
obradoiros e xurados. Ademais recibiu premios xornalísticos polos
textos Dalias e Un maínzo de sal, publicados en Sermos
Galiza - Nós Diario.
Míriam
conversará co alumnado de 4ESO sobre o seu proceso creativo e a súa
obra e achegará así un
anaquiño da intensa produción poética de grande calidade que está
asentada xa hai tempo no espazo galego e que verte poesía a outras
linguas. Pero sobre todo será
unha oportunidade para o noso
alumnado de achegarse
á persoa e á
poeta que será quen de transmitirlle o valor da palabra e
do silencio na poesía, na
escrita e na lingua galega.