Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

mércores, 21 de decembro de 2022

LECTURAS PARA O NADAL

Dende a biblioteca queremos desexarvos unhas felices e merecidas vacacións. Aproveitamos a ocasión para deixarvos a nosa selección de lecturas recomendadas para este tempo de lecer.

Pica na imaxe para descubrilas.


E felicitacións a todo o alumnado pola fermosa exposición das mensaxes de Nadal!



domingo, 18 de decembro de 2022

Escribindo o outono



Na biblioteca do CPI Antonio Orza Couto despedimos o outono facendo un traballo artístico inspirado na natureza.

Os alumnos e alumnas traballaron a linguaxe visual e a linguaxe poética creando fermosos trípticos nos que interpretaron as formas naturais e completaron as súas composicións con fragmentos poéticos que escolleron nos fondos da nosa biblioteca. 

 

xoves, 1 de decembro de 2022

25N -Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Inspirándose no lema das bibliotecas "Escribir a biblioteca" propuxemos ao alumnado a creación de frases e lemas para celebrar este día. 

O resultado, as frases e lemas creados,  vimos escrito nas pancartas e postais que o alumnado de plástica encargouse de decorar para levar na andaina.  

No acto da celebración, ademais de repartir os postais contra a violencia cara as mulleres,  puidemos escoitar tres alumnas do grupo de oratoria que aproveitaron para crear e ler un discurso alusivo ao tema. 





mércores, 23 de novembro de 2022

No cole en pixama! Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia. Día do Pixama


O último venres, día 18 de novembro, vimos como os alumnos e alumnas do Centro  lucían os seus pixamas, participando na iniciativa promovida pola ACOUGO para celebrar Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia. 

Para esta celebración,  a Biblioteca organizou unha exposición co material elaborado no desenvolvemento da proposta multidisciplinar  “Escribir o pixama” a cal contou coa implicación dos departamentos de Plástica, Lingua e Literatura Galega, Castelá,  Inglés e Francés. Podedes ver os detalles do proxecto picando en "Proxecto "Escribir o Pixama"

O resultado do proxecto pode ser visto na exposición do Día do Pixama, en primaria e secundaria. Son paneis onde están representados nenas e nenos cos seus pixamas decorados, flotando por encima dos contos infantís escritos polo alumando nos distintos idiomas impartidos no centro. 

 , 


Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia. Día do Pixama


Todos de pixama no cole!

O venres, 18 de novembro, o alumnado, profesorado e persoal no docente está convidado a vir en pixama para participar na iniciativa promovida pola ACOUGO co fin de celebrar Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia. 
Para esta celebración,  a Biblioteca propón o desenvolvemento do proxecto “Escribir o pixama” e organizará unha exposición co material elaborado durante as clases de Plástica, Lingua e Literatura Galega, Castelá,  Inglés e Francés.
Os obxectivos son:
Difundir e destacar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO).
Traballar a escrita.
Traballar coa linguaxe visual e a ilustración.
Crear de maneira colaborativa un panel que represente  as  nenas e nenos cos seus pixamas decorados, flotando por encima dos contos infantís escritos polo alumando nos distintos idiomas impartidos no centro. 


xoves, 3 de novembro de 2022

Día de Neira Vilas

O día 3 de novembro celebramos no CPI o Día do escritor  Neira Vilas, que dá nome á nosa Biblioteca, e queremos celebrar tan importante data divulgando o talento galego.