Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

domingo, 5 de maio de 2019

SEGUIMOS COA SEMANA DO LIBRO!

Ademais das recomendación lectoras, en Infantil e Primaria realizamos máis actividades nesta Semana do Libro.

Houbo un apadriñamento lector entre o alumnado maior e o pequeno de Infantil:




Tamén aproveitaron para compartir as súas lecturas favoritas:


 

E logo contamos coas visitas de contacontos que nos fixeron pasar un rato estupendo!!

 

 



martes, 23 de abril de 2019

E AGORA RECOMENDAMOS NÓS...

Como complemento ás recomendacións que coas que estades compoñendo o noso muro virtual, desde o Equipo da Biblioteca propoñémosvos outras lecturas co gallo do Día do Libro, esta vez organizadas por niveis. 

Non dubidedes en vir a buscalas á Biblio!


Ademais compartimos o fermoso poema que a poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre cedeu para o díptico conmemorativo do Día mundial do Libro editado desde a Consellería de Educación, Universidade e FP. Podedes acceder a el pinchado aquí.

xoves, 4 de abril de 2019

RECOMENDÁMONOS LIBROS PARA CELEBRAR O 23 DE ABRIL

Estámonos achegando ao Día do Libro e desde a Biblioteca queremos pedir a vosa colaboración para elaborar unhas recomendacións lectoras moi especiais.

Trátase de que cadaquén faga unha aportación no muro que tedes a continuación recomendando o voso libro favorito e explicando brevemente as razóns polas que o é.

Podedes incluír o voso nome pero non é necesario. Lembrade que só tedes que facer doble click e xa se abre o panel onde escribir.

Animádevos, contamos con vós!!


Hecho con Padlet

mércores, 13 de marzo de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER!

Co gallo da celebración do día da muller o 8 de marzo, contamos coa visita da escritora Marisol Ortiz de Zárate, autora do libro que están a ler en 1º e 2º de ESO, La canción de Shao Li.


O alumnado puido gozar coas experiencias das que lles falou a autora, así como preguntarlle todas as dúbidas que lles xurdiron na lectura do libro. A continuación tivo lugar unha firma de libros.

Marisol, moitas grazas pola visita!

venres, 1 de marzo de 2019

E ASÍ RECIBIMOS O ENTROIDO

Logo de traballar durante tanto tempo, chegou por fin o día do Entroido!!! Así o recibimos na Biblioteca en colaboración co Equipo de Extraescolares e o departamento de Plástica:




xoves, 28 de febreiro de 2019

APRENDEMOS SOBRE O HOMENAXEADO DAS LETRAS: ANTÓN FRAGUAS E OUTRO GRANDE: CASTELAO

Dentro desta temática da cultura tradicional na que se engloban os Xenerais, temos dous grandes persoeiros: Antón Fraguas, o homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano e Castelao, que non necesita presentación.
Para aprender máis sobre estas figuras e sobre a cultura popular, desde a Biblioteca, en colaboración cos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega, organizamos unha saída para que o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO realizaran uns obradoiros sobre Antón Fraguas e a cultura tradicional no Museo do Pobo Galego e logo descubrisen máis sobre a figura de Castelao nas exposicións Alba de Gloria e Castelao Maxistral.

Para preparar a visita o alumnado de 2º realizou este estupendo panel informativo:



E aquí tedes unha mostra do que andivemos a facer:


luns, 18 de febreiro de 2019

AMBIENTAMOS A BIBLIO PARA O ENTROIDO

Achégase o Entroido e desde a Biblioteca, logo de realizar os obradoiros de elaboración de atranques e regueifas, queremos pedir a vosa colaboración para crear ambiente. Pedímosvos que elaboredes algún gorro relacionado coa temática dos Xenerais da Ulla e o entreguedes na Biblio, onde os expoñeremos durante estas semanas.
Algúns alumn@s de 1º de ESO xa se puxeron mans á obra, así que vos deixamos unha mostra para darvos inspiración.
Animádevos!!